Atol Ailinginae
| Ailinginae | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 2,8 km² |
| Superficie lagoa | 105,96 km² |
| Nº de illas | 25 |
| Coordenadas | 11°10′N 166°20′E / 11.167°N 166.333°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Ailinginae é un atol deshabitado composto por 25 illas no Océano Pacífico, no extremo norte da Cadea Ralik. É un distrito lexislativo da Cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total ocupa uns 2,8 km² de terra firme e unha lagoa interior de 105,96 km².
Atópase aproximadamente a 13 km ao oeste de Rongelap. A paisaxe é de baixa altitude con só uns poucos metros sobre o nivel do mar. Toda a illa está rodeada por arrecifes. As dúas entradas á lagoa son os pasos Mogiri e o Eniibukku. Estes teñen 1,5 e 0,5 km de ancho, respectivamente.
Ailinginae está deshabitado desde 1954 cando os poucos habitantes foron evacuados debido á os temores de choiva radioactiva do Atol Bikini cara ao noroeste.
A temperatura media destas illas é duns 27 °C durante o día e lixeiramente máis cálido durante a noite debido ao clima frío asociado con choivas. A tempada de choivas é de setembro a novembro. A illa está cuberta de matogueiras, pastos e algúns rodales de árbores Casuarina.
Historia [editar]
Ailinginae foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.