Aikidoka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo mostra escritos xaponeses. Sen o soporte adecuado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Aikidoka (en xaponés: 合気道家) é o tipo de budoka que practica a arte marcial do Aikido.[1] O termo raramente o empregan os falantes nativos de xaponés, malia o seu uso común como préstamo lingüístico noutros países.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Na lingua xaponesa o sufixo ka ( -ka?), cando é engadido ao nome de certas actividades, emprégase para designar a un especialista ou profesional nese campo. Polo tanto, o significado do termo aos oídos dos xaponeses, especialmente cando o campo é o das artes marciais, adquire unha connotación de alguén que é excepcionalmente talentoso e altamente respectado. Ademais, debido á connotación de respecto, este é un termo que un non usaría en relación a si mesmo, aínda que o merecera. Non hai ningunha palabra en xaponés coa mesma carga de significado que aikidoka adquiriu como préstamo lingüístico, isto é, o dunha persoa que practica a arte independentemente do seu nivel técnico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]