Aiguille du Midi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°52′43″N 6°53′14″E / 45.87861°N 6.88722°E / 45.87861; 6.88722

Aiguille du Midi en verán

L'Aiguille du Midi (A agulla do mediodía, en francés) é unha montaña de 3.842 metros situada no macizo do Mont Blanc, nos Alpes franceses. Trátase da máis alta das Agullas de Chamonix.

A agulla é o punto de chegada do teleférico de l'Aiguille du Midi. A súa estación superior está situada a 3.777 metros de altitude, aínda que para alcanzar a punta a 3.842, existe un ascensor.

L'Aiguille du Midi é un dos puntos de partida do Val Branco (Vallée Blanche), e do Telecabina Panorámico do Mont Blanc, que atravesa o glaciar du Géant ata a Punta Helbronner. Atópase na fronteira con Italia, ten unha altitude de 3.462 metros, e desde ela pódese divisar o val de Aosta e a rexión italiana do Piemonte.

O 4 de agosto de 1818 foi alcanzado cume norte de l'Aiguille du Midi por A. Malczewski, J.M. Balmat e outros cinco guías. Posteriormente, o 5 de agosto de 1856, J. A. Devouassoux e A. e J. Simond chegaron ao cume sur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aiguille du Midi