Ahvaz - اهواز

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea de Ahvaz

Ahvaz (persa: اهواز Āvāz) é a capital da provincia de lingua tradicional árabe de Khuzestán, Irán, situada a carón do río Karun, 2,504,804 habitantes (2002).
O rei sasánida Ardashir I reconstruíu a antiga cidade de Taryana dándolle o nome de Hormozd-Ardashir, a cidade prosperou e chegou a se converter na capital do Khuzestán. Cando a cidade pasou a poder dos árabes, Hormozd-Ardashir cambiou o nome a Soq-ol-Ahvaz (mercado dos Khuzis). Durante a dinastía abásida a cidade converteuse no centro do cultivo da cana de azucre. As invasións mongolas do século XIII e XIV destruíron a cidade. A construción da canle de Suez deulle un novo pulo á actividade comercial da cidade. O descubrimento de petróleo preto da cidade en 1980 fixo que a cidade se convertera no centro dunha ampla rexión produtora de petróleo, ao tempo que a guerra irano-iraquí danou seriamente a estrutura da cidade.