Ahmed Hossam Hussein Abdelhamid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mido
Información persoal
Nome Ahmed Hossam Hussein Abdelhamid
Nacemento 23 de febreiro de 1983 (41 anos)
Lugar de nacemento O Cairo
Altura 1,88
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Zamalek
Na rede
Twitter: midoahm Instagram: ahmedhossammido Youtube: UCJbW8KRjlmkXmoW9pU4l-6g FIFA: 183023 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ahmed Hossam Hussein Abdelhamid, nado no Cairo o 23 de febreiro de 1983, é un futbolista exipcio, máis coñecido como Mido, que xoga na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dianteiro de gran técnica, potencia física e facilidade goleadora formouse nas categorías inferiores do Zamalek, chegando ao primeiro equipo na tempada 1999-00. Pronto ficharía polo KAA Gent Belga, de onde pasaría ao Ajax Amsterdam no ano 2001. Tras unha boa tempada en Holanda, Mido comezaría a ter problemas co adestrador do equipo Ronald Koeman polo que ao final da tempada 2002-03 decidiu cedelo ao Celta de Vigo, que buscaba asegurar a clasificación para disputar a Liga de Campións.

A chegada do dianteiro exipcio a Vigo supuxo unha gran mellora defensiva para o equipo, o xogador adaptouse de forma extraordinariamente rápida ao xogo celeste necesitando so vinte minutos do seu partido de debut para marcar un gran gol ao Athletic de Bilbao. Mido só xogou no Celta oito encontros, marcando catro goles. Ademais do do seu debut marcaría dous ante o Osasuna e outro ante a Real Sociedad na última xornada, gol que supuxo a clasificación do Celta de Vigo para xogar a Liga de Campións por primeira vez na súa historia. A elevada opción de compra do xogador propiedade do Ajax, de 10 millóns de euros, fixo que o Celta non a fixese efectiva e deixase escapar o xogador que a clasificou para a Copa de Europa. Pero máis que os cartos pesou a traxectoria de xogador problemático que arrastraba o mozo exipcio.

Finalmente sería o Olympique de Marsella o que ficharía a Mido como estrela do equipo, porén o xogador exipcio non tería sorte ao contar coa competencia do dianteiro marfilés Drogba que despuntaría ese mesmo ano. Esa tempada marcaría 7 goles en 23 encontros polo que ao rematar ficharía polo AS Roma, pero alí tampouco tería fortuna, ao pedirlle ao xove dianteiro que suplira a toda unha lenda como Gabriel Batistuta e marchou no mercado de inverno tras non marcar ningún gol con destino ao Tottenham Hotspur en calidade de cedido.

No club inglés militou outras dúas tempadas, facendo un moi bo primeiro ano onde marcou 11 goles e un segundo onde só disputou 12 encontros marcando un gol.

No ano 2007 estivo a piques de volver fichar polo Celta pero non se materializou, fichando por seis millóns de libras polo Middlesbrough FC. Tras varios anos de cesións sen fortuna en Wigan, Zamalek, West Ham United e Ajax regresou ao Zamalek exipcio.

Foi 51 veces internacional coa selección nacional absoluta de Exipto, marcando 19 goles e proclamándose campión de África no ano 2006.