Aguiúlfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aguiulfo»)
Infotaula de personaAguiúlfo
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor em Wikidata
Morte457 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Porto Editar o valor em Wikidata
Gobernador Reino suevo de Galicia
456 – 457
← RequiarioMaldras → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoVarnos Editar o valor em Wikidata

Aguiúlfo (tamén: Agiulfo, Achiuulf, Agriwulf, Agilulf, Aiulf e en latín: Aioulfus ou Aiulfus) foi feito gobernador do Reino Suevo de Galicia por Teodorico II no 456 trala morte de Requiario. Goberno que chegou a ser real só na parte sur do reino e durante un curto período de tempo ata o ano 457, cando falece asasinado no castro do Porto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Execución de Censorio[editar | editar a fonte]

No ano 448, previamente ao seu reinado, executa a Censorio en Hispalis, tras pasar 8 anos en cativerio dende que o apreixoara Requila en Emerita. Isto dá lugar á sublevación e disconformidade tanto de suevos como de galaico-romanos xa que fora un dos firmantes do acordo imperial que fixera a Gallaecia un foedus.

Goberno do reino[editar | editar a fonte]

Aguiúlfo que posiblemente fose pertencente a tribo dos varnos, orixinarios do Báltico occidental era lugartenente do rei visigodo Teodorico II e probablemente participara na guerra contra os suevos.

Trala morte de Requiario no 456, Teodorico II pon en Emerita a Aguiúlfo como gobernador, para defenderse das posibles invasións suevas e para loitar contra os cántabros e vascóns mentres Teodorico marcha cara ao norte para protexer o reino visigodo dos romanos dirixidos polo novo emperador Maioriano imposto por Ricimer.

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Aguiúlfo, quizais pola ausencia de Teodorico, deserta e únese aos suevos do sur do reino, subindo dende Emerita ata Porto, esperando ser o seu rei. Durante o seu mandato o reino vive en caos, nun período de desgoberno no que se suceden asaltos e saqueos. Finalmente, unha parte dos suevos proclaman rei a Maldras, provocando unha revolta contra Aguiúlfo. Durante o conflito Aguiúlfo é asasinado no castro do Porto, no mes de xuño do 457 probablemente a mans do mesmo Maldras.[1]

Guerra civil sueva na Gallaecia
Aguiúlfo
Nacemento:  ? Falecemento: 457


Títulos Reais
Precedido por
Requiario


Rei de Galicia
Só no sur

456–457
Sucedido  por
Maldras
Só no sur de Galicia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Peres Vigo, Alexandre (2022-09-06). "Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459". Nós Diario. Consultado o 2022-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os reis e as raíñas da Galiza.
Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459.
(Nós Diario, 06.09.2022)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]