Aguia imperial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Aguia imperial | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Aquila heliaca | ||||||||||||
A aguia imperial (Aquila heliaca) é unha ave rapaz, semellante á aguia real, pero un pouco máis pequena (80 cm de longo e 200 cm de envergadura).
Atópase no suleste de Europa e Oeste e Centro de Asia. No inverno migra a África, India e China.
En Europa a aguia imperial está en serio perigo de extinción, e xa desapareceu de Hungría e Austria. En España quedan 170 parellas, nos últimos anos detéctase unha pequena recuperación, sobre todo no parque de Doñana.
Habita en campo aberto con pequenos bosques e aniña en árbores solitarias.
A poboación en España, Portugal e parte de Marrocos, considerada anteriormente unha subespecie, é agora unha especie propia (Aguia imperial ibérica, Aquila adalberti).