Aguia cobreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguia cobreira
Circaetus gallicus 01.JPG
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Circaetus
Nome científico
Circaetus gallicus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A aguia cobreira ou aguia albela (Circaetus gallicus) é unha ave rapaz.

As partes inferiores son brancas, mesmo as das ás, e con frecuencia o peito e a testa escuras. A plumaxe da cabeza pode ser clara ou máis común escura. Habita en zonas de montaña, bosques e costas.

Aliméntase de cobras, lagartos e ras. Aniña nas árbores. A súa lonxitude varía entre os 63 e 68 cm e a súa envergadura entre 185 e 185 cm, pesa entre 1'7 e 1'8 kg. e ten unha esperanza de vida de 17 anos.

Habita na zona mediterránea, en Rusia, Oriente Medio chegando ata Paquistán e a India, mesmo algunhas illas de Indonesia. En Europa é a Península Ibérica onde a aguia cobreira é máis común, mentres noutras zonas de Europa está en serio perigo de se extinguir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aguia cobreira