Agrupación de Juventudes Tradicionalistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Agrupación de Juventudes Tradicionalistas foi un partido carlista español legalizado en 1977. O seu primeiro xefe nacional foi Santiago Martínez de Campos.

Durante a transición española estivo vencellado a Blas Piñar e a Fuerza Nueva e sempre mantivo o que a extrema dereita denomina principios do 18 de xullo fronte a outras forzas do carlismo tradicional que manteñen diferenzas co franquismo. O partido disolveuse en 1986.