Agrupación de Electores Independientes por Zamora-Unión del Pueblo Zamorano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupación de Electores Independientes por Zamora-Unión del Pueblo Zamorano
Tipoagrupación de electores
Data de fundación4 de marzo de 1999
SedeZamora
Na rede
http://adeiza.es
editar datos en Wikidata ]

Agrupación de Electores Independientes por Zamora - Unión del Pueblo Zamorano (ADEIZA-UPZ) é un partido político do Estado español cuxo ámbito de actuación actual é a provincia de Zamora. Ideoloxicamente defínense como de centro liberal e social. O grupo político naceu co obxectivo de reclamar maiores cotas de desenvolvemento para a provincia de Zamora e os seus concellos, que ocupan os últimos postos nos diferentes índices de desenvolvemento por provincias. Entre as súas reclamacións estiveron a do canon enerxético, as vías de comunicación (tren e estradas), cultura e educación (creación dun Campus universitario autónomo, iniciativas culturais) etc. A súa cabeza máis visíbel é o historiador e catedrático Miguel Ángel Mateos Rodríguez, voceiro no Concello de Zamora, mentres que o seu presidente é Emilio Martín Velasco, presidente de Mercazamora

Orixe[editar | editar a fonte]

O xerme do partido está na iniciativa dos membros máis sobranceiros da Asociación para a promoción e desenvolvemento económico da provincia de Zamora (ADEZA), que ao longo da década dos 90 mantivo unha relevante participación en reclamacións de infraestruturas para Zamora ou a reivindicación dun Campus Universitario para Zamora.[1] O partido fundouse coa denominación Unión do Pobo Zamorano (UPZ) / Agrupación de Electores Independentes Zamoranos (ADEIZA) na cidade de Zamora o 4 de marzo de 1999, quedando inscrito no Rexistro de Partidos Políticos o día 31 do mesmo mes.[2][3]

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

ADEIZA defínese nos seus Estatutos como unha organización política de compoñente ideolóxico esencialmente pluralista, avanzada no social, autónoma no económico, de vocación política progresista e de conviccións integradoras e centristas.

Ademais, ADEIZA é un partido político independente, formando parte do movemento independente a nivel nacional como membro fundador da Confederación de Agrupacións Políticas Independentes.[4]

Organización e financiamento[editar | editar a fonte]

O máximo órgano do partido é o Congreso xeral, que se reúne ordinariamente cada catro anos, podendo realizarse convocatorias extraordinarias. Nos Congresos participan todos os afiliados ao día no pago das cotas, non existindo a figura dos compromisarios. O Comité Executivo é o máximo órgano de goberno interno entre congresos, e está formado polo Presidente, Vicepresidente Executivo, Secretario Xeral, Tesoureiro, oito Secretarios Executivos e o Coordinador da organización xuvenil.

Todos os cargos internos do partido sen excepcións son elixidos por listas abertas e desbloqueadas por todos os afiliados, podendo presentarse aos cargos calquera afiliado ao corrente no pago das cotas cos avais de entre tres e dez afiliados. Existe a posibilidade da moción de censura dos cargos. Existen outros dous órganos internos: a Comisión de Garantías e Conflitos e a Comisión de Contas. Os mozos de entre 16 e 30 anos poden formar parte da organización xuvenil Jóvenes por Zamora.

As fontes de financiamento son as cotas dos afiliados, as posibles doazóns e as subvencións por resultados electorais nas eleccións municipais.[5]

No Congreso celebrado en decembro de 2011 aprobouse deixar de utilizar a denominación Unión do Pobo Zamorano electoralmente, quedando o nome do partido unicamente como Agrupación de Electores Independentes Zamoranos.[6]

O Secretario Xeral Luís Almena e o Vicepresidente Executivo Miguel Ángel Mateos nunha rolda de prensa.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais do 25 de maio de 2003 presentouse en varias localidades da provincia de Zamora, obtendo varios concelleiros e alcaldes. Obtivo dous concelleiros na cidade de Zamora, Miguel Ángel Mateos Rodríguez e Luis Almena San José.

Nas eleccións do 27 de maio do 2007 conseguiu elaborar 50 listas en localidades como Benavente, Alcañices, Tábara, Morales del Vino, Fermoselle, Villardeciervos, Villafáfila ou Villalpando; converténdose así na terceira forza con maior número de listas na provincia. Catro conseguiron maiorías absolutas (Cazurra, Cubillos, Villaveza del Agua e Valdescorriel), ademais de maioría relativa noutros catro municipios, entre eles Villalpando. O número total de votos na provincia foi de 6 765. Nestas eleccións tamén conseguiron un deputado provincial (polo partido xudicial de Zamora). Ademais, na cidade de Zamora revalidou os seus dos concelleiros, aínda que con menos votos que no 2003, converténdose en chave de goberno ao perder o Partido Popular a maioría absoluta tras doce anos no Goberno municipal. Ao final o Partido Popular obtivo outra vez a alcaldía de Zamora por non chegar os dous concelleiros de ADEIZA-UPZ a un acordo co PSOE-IU nin co PP.

Nas eleccións municipais de 2011 o número de votos nas eleccións municipais diminuíu a 6 235 (5,32%), aínda que o número de concelleiros aumentou ata os 86. Na actualidade o partido ten doce alcaldías: Cañizo de Campos, Cazurra, Corrales del Vino, Cubillos, Gema, Peleagonzalo, Pereruela, San Esteban del Molar, Santa Eufemia del Barco, Santa María de la Vega, Uña de Quintana e Villaveza del Agua, oito por maiorías absolutas e catro por pactos con outras forzas políticas.[7]

O partido tamén se presentou ás diferentes convocatorias das eleccións autonómicas de Castela e León dende a súa fundación, tendo seguido unha traxectoria ascendente dende a súa fundación pero sen achegarse á posibilidade de obter representación.[8]

Candidatos do partido ADEIZA nas eleccións autonómicas e municipais do ano 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rexistro de Partidos Políticos de España[Ligazón morta].
  2. "Servizo Web de Resultados Electorais da Xunta de Castilla e León". Xunta de Castela e León. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  3. "Unión do Pobo Zamorano preséntase como partido zamoranista e independente". La Opinión El Correo de Zamora. 1 de abril de 1999. 
  4. "Los independientes se unen bajo la marca CAPI para erigirse en la tercera vía política de España". El Buzón. 14-6-2010. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  5. "Estatutos vigentes de ADEIZA" (PDF). www.adeiza.es. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  6. "Adeiza inclúe nos seus estatutos listas abertas e a posibilidade do voto de censura". La Opinión El Correo de Zamora. 18 de decembro de 2011. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  7. "Representantes de ADEIZA en la provincia". www.adeiza.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2012. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  8. "Servicio Web de Resultados Electorales de la Junta de Castilla y León". Xunta de Castela e León. Consultado o 13 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]