Agrupación Nacionalista Independente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Seoane, secretario de actas da Agrupación Nacionalista Independente

A Agrupación Nacionalista Independente foi unha organización política de carácter galeguista fundada en 1931 e que se integrou no Partido Galeguista.

[editar] Traxectoria

A Agrupación Nacionalista Independente fundouse por iniciativa de Xoán Xesús González en Santiago de Compostela en 1931, o seu presidente era Luís Tobío, o vicepresidente Ricardo Carballo Calero, o secretario xeral o propio Xoán Xesús e o secretario de actas Luís Seoane.

A principal actividade do grupo consistiu na organización do primeiro gran mitin galeguista que se celebrou tras a constitución da II República e que se celebrou en Compostela o 10 de maio e no que interviron Castelao, Valentín Paz Andrade, Álvaro das Casas e Ramón Otero Pedrayo entre outros. O grupo integrouse no Partido Galeguista, o que levou ao abandono de Xoán Xesús González.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Marcos Seixo, Limiar en A modelo de Paco Asorey, Xerais, 2002
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas