Agrupación Nacionalista Galega de Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupación Nacionalista Galega de Narón
Partido político local de Narón
Historia
Fundación1980
Disolución1985
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Posición políticaEsquerda

Agrupación Nacionalista Galega de Narón foi unha agrupación electoral de carácter municipalista, independente, nacionalista e de esquerdas.

Historia[editar | editar a fonte]

Fórmase en Narón (provincia da Coruña) para dar continuidade á coalición Unidade Galega, que acadara neste concello a alcaldía nas eleccións municipais de 1979. Nas eleccións de maio de 1983 obtén 6 concelleiros que sumados ós 5 do PSOE volven dar a alcaldía a Antonio Martínez Aneiros, alcalde na etapa anterior. En 1985, a ANGN intégrase no PSG-EG. Como consecuencia desta integración Antonio Martínez Aneiros resulta escollido deputado nas eleccións ao parlamento de galicia de 1985, pasando a ocupar o seu posto como alcalde Xoán Gato Díaz[1][2].

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Salgado (2016-10-29). "Martínez Aneiros, primer alcalde democrático de Narón, tendrá una calle en O Val". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2020-06-20. 
  2. "Las alianzas de izquierdas dirigieron el gobierno local de Narón desde 1979". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-04-19. Consultado o 2020-06-20.