Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Logo
Entrada á sede da agrupación Editar o valor em Wikidata
Tipoasociación cultural
Data de fundación1976
Nomeado en referencia aAlexandre Bóveda
Presidente/aMaría Xosé Bravo (-) Editar o valor em Wikidata
Localización
EnderezoSanto André, 36, 1º 15003 (Edificio do Circo de Artesáns)
EnA Coruña
PaísGalicia
43°22′14″N 8°24′08″O / 43.370528611111, -8.4022633333333
Na rede
https://www.acalexandreboveda.gal/
Facebook: agrupacion.cultural.alexandreboveda Twitter: acboveda Instagram: acalexandreboveda Youtube: UC1cNfaqvm7fB3MqDNHT4jmA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é unha asociación cultural nacida na Coruña o 17 de agosto de 1976 e que ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas e a divulgación da figura e pensamento de Alexandre Bóveda.

Actividade[editar | editar a fonte]

Realiza diferentes actividades de tipo sociocultural entre as que destaca a celebración do Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro[1], os obradoiros de teatro e de xadrez, os clubs de lectura, actividades na defensa dos dereitos das mulleres, a publicación dos números da Biblioteca Alexandre Bóveda, exposicións etc. Tamén realiza un traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, entre outras moitas. En xaneiro de 2020 puxo en marcha o proxecto e a web A Coruña das Mulleres, destinada a construír un fondo documental, gráfico e audiovisual, sobre a memoria feminina da cidade da Coruña[2]. En xaneiro de 2023 presentou o seu proxecto A Coruña Literaria, co obxectivo de poñer un foco sobre todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e da lectura[3].

En 2017 recibiu o premio Marcelino Liste outorgado polo Foro Cívico, como recoñecemento do seu traballo a prol da xustiza e da liberdade[4] e en 2023 o premio Moncho Valcarce pola defensa e promoción da terra.[5]

Desde xaneiro de 2023 a súa sede está na rúa Santo André, 36, primeiro andar, no edificio do Circo de Artesáns.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Teatro en el exilio por el XX aniversario". La Opinión Coruña. 14/11/2017. 
  2. "A Coruña reivindica a memoria das mulleres". Nós Diario. 6/01/2020. 
  3. Diario, Nós (2023-01-31). "Impulsan unha iniciativa para que A Coruña sexa 'Cidade da literatura'". Nós Diario. Consultado o 2023-07-16. 
  4. "A primeira edición do premio Marcelino Liste distingue a AC Alexandre Bóveda". Sermos Galiza. 8/12/2017. Arquivado dende o orixinal o 22/10/2018. Consultado o 22/10/2018. 
  5. Diario, Nós (2023-06-10). "“50 anos en defensa do patrimonio": A AC Alexandre Bóveda recibe o Premio Moncho Valcarce". Nós Diario. Consultado o 2023-07-16. 
  6. "Xa estreamos casa". AC Alexandre Bóveda. 2023-01-29. Consultado o 2023-02-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]