Agnes Carlsson
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agnes Emilia Carlsson, tamén coñecida simplemente coma Agnes, nada o 6 de marzo de 1988 en Vänersborg, é unha cantante pop sueca que acadou a fama tras gañar en 2005 a segunda edición do programa Idol en Suecia.
Traxectoria[editar]
A partir da súa participación no programa Idol converteuse nunha das cantantes femininas suecas con máis sona e éxito de vendas, chegando a vender máis de 180,000 copias dos seus álbums no seu país natal. A mediados de 2009 converteuse na primeira concursante de Idol en saír ao mercado internacional ao lanzar os singles do seu terceiro álbume, Dance Love Pop, en 35 países. O seu primeiro single internacional, Release me, leva vendidas máis de 400,000 copias en todo o mundo.
Discografía[editar]
-
- 2005: Agnes
- 2006: Stronger
- 2008: Dance Love Pop
- 2012: Veritas
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |