Agitation Free

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agitation Free
OrixeAlemaña, Alemaña
Período1967 - 1974
1998
Xénero(s)rock experimental, Krautrock, space rock, rock progresivo, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Vertigo, BMG, Barclay Records, Spalax, IRI, Prudence
MembrosMichael Hoenig
Burghard Rausch
Lutz Ulbrich
Michael Guenther
Gustl Luetjens
Antigos membrosLutz Ludwig Kramer
Christopher Franke
Na rede
http://www.agitationfree.com/ e https://agitationfree.com/en/
MySpace: agitfree Last fm: Agitation+Free Musicbrainz: 354c739d-eb31-45b0-b5b4-7931df983eb2 Songkick: 375449 Discogs: 117565 Allmusic: mn0000600485 Editar o valor em Wikidata

Agitation Free foi unha banda alemá de krautrock formada en 1967 e composta por Michael "Fame" Günther (baixo), Lutz "Lüül" Ulbrich (guitarra), Lutz Ludwig Kramer (guitarra) e Christopher Franke (batería). Inicialmente chamáronse Agitation, un nome que elixiron ao chou nun dicionario, e posteriormente cambiárono a Agitation Free como resultado dun cartel que viron antes dun concerto que realizaron a principios de 1970 onde poñía "Agitation Free" (significando o "free" que era un concerto de balde). Outra razón pola que a banda cambiou o nome foi que xa exitía outro grupo que se chamaba igual.

Despois de perder ao guitarrista Axel Genrich, que marchou para Guru Guru en 1970, e ao batería Christopher Franke , que fixo o mesmo con Tangerine Dream en 1971, a banda recrutou a Jörg "Joshi" Schwenke (guitarra), Burghard Rausch (batería) e Michael Hoenig (teclados). Con esta formación editaron o seu álbum de estrea, Malesch, en 1972 a través do selo Music Factory. O álbum inspirouse na súa propia xira a través de Exipto, Grecia e Chipre, patrocinada polo Goethe-Institut alemán. Posteriormente ese mesmo ano, actuaron nas olimpiadas de Múnic.

Un segundo álbum foi editado en 1973, pero a banda separouse un ano despois. Agitation Free reuniríase en 1998 e lanzou River Of Return en 1999.

Discografía[editar | editar a fonte]