Aggrotech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Aggrotech é un xénero musical aparecido cara finais da década dos 90, tamén coñecido coma Terror EBM, Hellektro ou máis raramente coma Endzeit Elektro. O nome é unha aglutinación de Aggresive Techno.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Usado por primeira vez en 1993 para o anuncio do evento Spirit of Electro no Technoclub de Frankfurt/Main e facendo referencia a unha xira americana con bandas como Kevorkian Death Cycle en 1996, o termo evolucionou axiña afastado do seu significado orixinal. Cara finais da década dos 90, empezou a designar unha evolución do electro-industrial e dark electro centrado dalgún xeito en estruturas sonoras estridentes, agresivas e xeralmente beats rápidos cunha grande influencia da música techno e textos xeralmente breves de natureza militante, pesimista ou explícita. É moi típico tamén, que as partes vocais estean distorsionadas na busca dun son áspero, estridente e atonal. Os artistas tamén adoito utilizan estruturas melódicas atonais.

O estilo perdeu bastante auxe a comezos da década de 2000, coa chegada do synthpop e o futurepop na escena electrónica alternativa, mais asemade experimentou un pequeno rexurdir recente en popularidade xunta o xénero power noise pola súa popularidade en clubs de gusto goth/industrial.

Grupos[editar | editar a fonte]

Exemplos de grupos que poderían ser considerados aggrotech inclúen:

Algúns destes grupos como Aghast View ou wumpscut: pasaron co tempo a unha reestruturación e progresivo cambio a un estilo de música máis melódico e menos agresivo, mentres que outros grupos máis recentes como Psyclon Nine, Agonoize e Virtual Embrace revitalizaron o xénero até o extremo.