Agamí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agamí
Psophia crepitansPCCA20051227-1968B.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Psophiidae
Xénero: Psophia
Nome científico
Psophia crepitans
Linnaeus, 1758
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O agamí ou agamí de ás brancas (Psophia crepitans L.) é unha ave da orde das gruiformes (Gruiformes) e familia dos psofíidos (Psophiidae) que habita no norte da conca do Amazonas, en Colombia, Venezuela, Brasil, as Güianas e o NE de Perú.[1]

De entre 48 a 56 cm de lonxitude e peso medio de 1,3 kg, o seu pescozo é longo, así como as súas patas, e a plumaxe é negra con reflexos azuis.[1] [2]

É un ave gregaria, que fai o seu niño nos ocos das árbores, poñendo as femias 3 ou 4 ovos brancos, que chocan todos os membros dun grupo de cinco ou máis paxaros.

Alimétanse de insectos e froitas.[3]

Os amerindios utilízano para cazar serpes e como sentinela, especialmente dos patos, xa que é doado de domesticar.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Agamí

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Holyoak, David; Colston, P. R. (2003). "Trumpeters". The Firefly Encyclopedia of Birds. Chris Perrins. p. 213. ISBN 1-55297-777-3.
  2. Archibald, George W. (1991). Encyclopaedia of Animals: Birds. Forshaw, Joseph. p. 98. ISBN 1-85391-186-0.
  3. Hilty, Steven L.; Brown, William L. (1986). A Guide to the Birds of Colombia. Princeton University Press. p. 134. ISBN 0-691-08371-1. http://books.google.com/books?vid=ISBN069108372X.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]