Acad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Agadé")
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Acad, Acadia, Accad, Akkad ou Agadé era unha cidade ao norte da Babilonia (actual Iraq), na marxe esquerda do Eufrates entre a Asiria e maila Sumeria, unha das capitais do imperio de Nimrod, segundo unha citación da Biblia (no transcorrer do terceiro milenio a.C.). Acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos XXII e XVIII a.C. como capital do Imperio acadio, antes do ascenso de Babilonia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Os hebreos usaron o nome Akkad, que é a forma semita do antigo nome non semita, Agadé.

O nome non-semita Agade significa, probabelmente, coroa (ago) de lume (de), e está ligado a Ishtar, "a deusa brillante", a deusa do amor e da guerra, que é a brillante estrela da mañá e do solpor (Venus).

Parece que Agade non foi un nome dado a unha rexión, e o título "emperador de Sumeria e de Agade" significaba a pretensión de reinar sobre as partes norte e sur da Babilonia.

Historia[editar | editar a fonte]

O lugar exacto no que se localizaba Acad non foi aínda identificado. Os primeiros rexistros escritos acadios datan do tempo de Sargón, no século XXIII a.C., quen conquistou as cidades sumerias e construiu un auténtico imperio dende o mar Mediterráneo ata Anatolia, formando un dos primeiros imperios que se estableceu no Medio Oriente, Sargón coñeceuse no seu tempo como o rei dos catro recantos da Terra, en alusión ás "catro cidades" bíblicas (Agade, Babel, Erech e Calneh), e en recoñecimento ao exito na unificación mesopotamica.

Os gutis foron os responsábeis da fin do imperio sumerio-acadiano, por volta de 2180 a.C., cando invadiron Agade procedentes dos Montes Zagros.

Entre as características culturais de Agadé, cítanse o uso da escrita cuneiforme e a presenza dos zigurats, pirámides escalonadas con fins relixiosas.

Fontes[editar | editar a fonte]