Agíla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agíla
Álbum de Extremoduro
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: {{{gravación}}}
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: Rock
Selo(s): DRO
Producido por: Iñaki "Uoho" Antón
Cronoloxía
Pedrá Agíla Iros todos a tomar por culo

Agíla é o sexto álbum de estudo do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por DRO no 1996.

Trátase probablemente do traballo máis popular da banda, e o que lles consagrou definitivamente como grupo de éxito. Publicado no 1996, un ano despois que o seu predecesor, Pedrá e seguindo coa tradición de lanzar un álbum cada ano, de novo por DRO, incorpora unha sección de ventos e outras instrumentacións non usadas anteriormente polo grupo, que en traballos seguintes desenvolveranse ata alcanzar niveis de complexidade superiores. Inclúe algúns dos temas máis famosos do grupo, en especial o seu himno So payaso; tamén contén cancións reseñabeis como Buscando una luna, Prometeo, Sucede ou El día de la Bestia.

Esta última, concretamente, formou parte da banda sonora da película de igual título de Álex de la Iglesia. Foi durante a xira que seguiu ao álbum como parte da súa promoción durante a cal gravouse o único álbum en directo de Extremoduro, Iros todos a tomar por culo, co que se explica que neste haxa tal presenza de temas extraídos de Agíla.

Contido[editar | editar a fonte]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Agíla
Título Duración
01 "Buscando una luna" 04:13
02 "Prometeo" 03:29
03 "Sucede" 03:09
04 "So payaso" 04:43
05 "El día de la bestia" 04:46
06 "Tomás" 01:29
07 "¡Qué sonrisa tan rara!" 03:18
08 "Cabezabajo" 03:42
09 "Ábreme el pecho y registra" 03:32
10 "Todos me dicen" 04:13
11 "Correcaminos estate al loro" 02:35
12 "La carrera" 02:18
13 "Me estoy quitando" 02:12