Afzelia africana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afzelia africana
Froito e semente
Froito e semente
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Xénero: 'Afzelia'
Especie: ''A. africana''
Nome binomial
''Afzelia africana''
Sm.

A afzelia[1] (Afzelia africana) é unha árbore da familia das fabáceas que medra en África occidental, desde Senegal ata Uganda polo leste e a República Democrática do Congo polo sur; acada unha altura de entre 10 e 18 metros nas sabanas e 30-35 nas forestas[2], a súa madeira é moi valorada, aínda que se adoita mesturar para o mercado internacional coas doutras madeiras doutras árbores da mesma especie como a Afzelia bipindesis e a Afzelia pachyloba, comercializándose como doussié ou papao, sendo o Camerún o principal exportador[3]. A súa casca emprégase na medicina tradicional e as súas follas ricas en nitróxeno enriquecen o solo.

Usos[editar | editar a fonte]

A súa madeira foi usada noutrora para a construción naval. Atopouse un barco do século IX afundido fronte a illa de Belitung (Indonesia) cuxo casco estaba feito de madeira de afzelia.[4]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase entre rochas e penedos das forestas con Combretum collinum, Combretum molle e Annona senegalensis, en noiros rochosos, rocha núa, pradeiras arboradas, cavorcos, ribeiras, bosque de galería, tamén en solos secos; aluviais; fendas e en bosques húmidos, etc ..

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Afzelia africana foi descrita por James Edward Smith e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 4: 221. 1798.[5]

Sinonimia
* Intsia africana (Sm. ex Pers.) Kuntze (1891)
  • Pahudia africana (Sm. ex Pers.) Prain[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego recomendado por Groba Bouza, F. (2006) en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Universidade de Vigo
  2. worldagroforestry.org
  3. Afzelia africana en prota4au.org
  4. Navegando por el tiempo: La joya de Mascate. marzo/abril 2012. http://www.saudiaramcoworld.com/issue/201203/ES_sailing.through.time.jewel.of.muscat.htm. Consultado o 26 de xullo de 2012.
  5. "Afzelia africana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/13046490. Consultado o 29 de xullo de 2014.
  6. "Afzelia africana". Conservatorio y Jardín Botánico de Ginebra: Flora africana. http://www.ville-ge.ch/musinfo/bd/cjb/africa/details.php?langue=an&id=68432. Consultado o 21 de xuño de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afzelia africana Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]