Afonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias
| Afonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias | |
|---|---|
| Infante de España | |
| Nome completo | Alfonso Cristino Teresa Ángelo Francisco de Asís y Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias |
| Nacemento | 3 de outubro de 1941 Roma, Italia |
| Falecemento | 29 de marzo de 1956 Estoril, Portugal |
| Sepultura | Panteón de Infantes do Mosteiro de El Escorial |
| Casa Real | Casa de Borbón |
| Pai | Xoán de Borbón |
| Nai | María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias |
Afonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Roma o 3 de outubro de 1941 e finado en Estoril, Portugal, o 29 de marzo de 1956, infante de España, foi fillo do infante e Conde de Barcelona Xoán de Borbón, Xefe da Casa Real de España naquel momento, e a Princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias.
[editar] Traxectoria
Nacido baixo o nome de Alfonso Cristino Teresa Ángelo Francisco de Asís y Todos los Santos, o irmán pequeno do Rei Xoán Carlos I de España acompañou a este a España para estudar Bacharelato. Esta decisión tomárona o ditador Franco e Xoán de Borbón, o seu pai, o 25 de agosto de 1948.
Case oito anos máis tarde, o 29 de marzo de 1956, mentres gozaba das vacacións de Semana Santa no Estoril (Portugal), o seu irmán maior (por entón cadete da Academia Xeral Militar de Zaragoza e unha idade de 18 anos) Xoán Carlos[1] disparou un revólver accidentalmente, que acabou coa súa vida. Este feito marcou ao que sería rei máis adiante, que chegou a pensar en recluírse nun mosteiro[2].
O mozo Afonso, de 14 anos, foi enterrado en Portugal ata que o 15 de outubro de 1992 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Infantes do Mosteiro de El Escorial, a petición do seu pai.
[editar] Ascendencia
[editar] Notas
- ↑ Paul Preston, Juan Carlos: A People's King, HarperCollins Publishers Ltd, London, United Kingdom, 2004, ISBN 0002556324
- ↑ Casals, Xavier (2005). Franco y los Borbones: la corona de España y sus pretendientes. Ed. Planeta.