Afognak
| Afognak | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Aleneva |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Arquipélago Kodiak |
| Linguas | Ingles |
| Poboación (2000) | 169 hab. |
| Superficie | 1.812´6 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 58°13′54″N 152°36′19″W / 58.23167°N 152.60528°W |
| Maior Altura | 776 m. |
| Localización | |
Afognak, Ag'waneq en aleutiano. É unha illa de Alasca nos Estados Unidos, situada a 5 km da illa Kodiak e separada do continente polo estreito de Shelikof.
O oriente da illa constitúe un Parque Natural Estatal, creado en 1892
Habitada por aleutianos dende o 4.000 a.C. basea a súa economía na pesca e caza, e no intercambio comercial con outras illas.
En 1784 os rusos chegaron á illa, obrigando a moitos aleutianos a deixar a illa para traballar nos navíos rusos. O andazo de varíola de 1837-1840 matou gran parte da poboación nativa da illa. Unha comunidade de empregados retirados da Compañía Ruso-Americana asentouse ao carón da principal vila aleutiana da illa, co tempo acabou por se unir con ela, creando unha comunidade mixta. A erupción do Volcán Katmai en 1912 cubriu a vila de Afognak de lava e foi abandonada en 1964 polos seus 200 habitantes despois dun tsunami que arrasou a illa, a poboación asentouse na veciña illa de Kodiak, creando a vila de Port Lions, onde constituíron a Native Village of Afognak, tribo recoñecida polo goberno federal.