Afirmación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Afirmación é, xunto coa negación e a dúbida, unha das tres modalidades de enunciación oracional tradicionalmente consideradas.

Calquera enunciado sen marca ningunha de modalidade é de seu afirmativo. Agora ben, é posible enfatizar mediante marcas o carácter afirmativo: Si, heicho traer.

A afirmación serve frecuentemente para responder secuencias interrogativas. A resposta afirmativa absoluta considerada máis tradicional na nosa lingua é a que consiste na repetición do verbo:

-¿Fostes a cas de Bruno?
-Fomos

Outras posibles respostas a esa pregunta serían:

-Fomos, si
-Si, ho
-Abofé que si
-Xaora
-Efectivamente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]