Afeni Shakur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Afeni Shakur, nacida o 10 de xaneiro de 1947 como Alice Faye Williams en Lumberton, Carolina do Norte foi unha importante figura do Partido Pantera Negra e nai do rapeiro Tupac Shakur.

O seu papel dentro da organización foi crucial, xa que fixo crer ao FBI, a través de artigos na prensa interna dos Panteras Negras que estes xa non existían, mentres aumentaban o seu número de militantes e a súa capacidade de acción. Anos despois sería encarcerada por reter información en relación ao grupo "Pantera 21". Tamén sería xulgada pola planificación dun atentado, aínda que no xuízo, onde se defendeu a si mesma, non se atoparon probas para condenala.

Despois do nacemento do seu fillo Tupac casou con Mutulu Shakur e converteuse ao Islam. Mutulu converteríase no pai adoptivo de Tupac.

Tras a morte de Tupac Shakur en 1996 Afeni convertiuse na depositaria do seu legado musical e cultural. Para eses fins fundou en 1997 a Fundación Tupac Amaru Shakur, que inviste en programas dedicados á mocidade.