Aeros 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AEROS 2
AEROS 1-2 (AEROS A-B) satellite.jpg
Representación artística dun satélite Aeros en órbita.
Tipo Científico
Organización Bundesministerium für Bildung und Wissenschaft, NASA[1]
Data de lanzamento 16 de xullo de 1974[2][3][4]
Foguete portador Scout[3][1]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[3]
Duración da misión 14 meses[2]
Obxectivo da misión Estudio das capas altas da atmosfera da rexión F da ionosfera.[3]
Decaemento 25 de setembro de 1975[2]
NSSDC ID 1974-055A
Masa 125,7 kg[3][1]

Aeros 2, tamén coñecido como Aeros B[3], foi un satélite artificial alemán adicado ó estudio da atmosfera superior e o espazo exterior.[3][1]Foi lanzado o 16 de xullo de 1974 mediante un foguete Scout desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita polar cunha inclinación orbital de 97,4 graos e un perixeo e apoxeo iniciais de 220 e 853 km, respectivamente.[3][4] O satélite reentrou e destruiuse na atmosfera o 25 de setembro de 1975.[2]

Características[editar | editar a fonte]

O satélite tiña forma de cilindro de 0,914 metros de diámetro e 0,71 metros de altura. Estabilizábase mediante xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación orientado cara o Sol. A bordo levaba cinco experimentos cos que mediu a temperatura e densidade de electróns, ións e partículas neutras, a súa composición e o fluxo de raios solares ultravioleta.[3][1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Aeros 1, 2" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/aeros.htm. Consultado o 8 de setembro de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "AEROS 2" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=7371. Consultado o 8 de setembro de 2011.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Aeros-B" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1974-055A. Consultado o 8 de setembro de 2011.
  4. 4,0 4,1 John Scali (23 de outubro de 1974). "Letter dated 16 October 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-28547). http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=829.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]