Aeroporto de Plovdiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Plovdiv
Летище Пловдив

IATA: PDV – ICAO: LBPD
Sumario
Tipo público
Operador Letishte Plovdiv EAD
Cidade/Illa Plovdiv
Localización Krumovo
Elevación (msnm) 182 metros / 597 pés
Coordenadas Coordenadas: 42°04′04″N 24°51′03″L / 42.067778, 24.850833
Web http://www.plovdivairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 500 8 202 formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 77 649

O aeroporto de Plovdiv (IATA: PDVOACI: LBPD) é o aeroporto que serve á segunda cidade máis grande de Bulgaria, Plovdiv. É o cuarto aeroporto máis concorrido do país, despois dos de Sofía, Burgas e Varna. Tamén é coñecido como aeroporto de Plovdiv Krumovo, por unha pequena vila ao lado do mesmo situada a 6 quilómetros ao sueste de Plovdiv.

O aeroporto de Plovdiv serve á estacións de esquí próximas de Bansko, Pamporovo e Borovets, e polo tanto opera principalmente voos chárter durante o inverno, dende finais de decembro ata marzo. Principalmente opera voos chárter cara ao Reino Unido e Rusia. Tamén xoga un papel importante en caso de emerxencias e é usado ocasionalmente como aeroporto alternativo para o de Sofía, que se atopa a uns 150 quilómetros de distancia.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Arkia Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion[1]
Ryanair Bérgamo (remata en outubro de 2018), Charleroi (remata en outubro de 2018), Hahn (remata en marzo de 2018), Londres-Stansted
SunExpress Chárter estacional: Esmirna
S7 Airlines Estacional: Moscova-Domodedovo
Travel Service Chárter estacional: Praga
Thomas Cook Airlines Estacional: Belfast-Internacional

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Darik News (ed.). "Посрещаме редовни чартъри от Тел Авив". Consultado o 6 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]