Aeroporto de Palonegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O aeroporto internacional de Palonegro é un aeroporto colombiano de rango internacional.

Está situado en Lebrija, no departamento de Santander, e dálle servizo á cidade de Bucaramanga. Foi construído na década dos setenta para subsanar as limitacións técnicas e de espazo do antigo aeroporto Gómez Niño, que estaba na cidade de Bucaramanga[Cómpre referencia]. Toma o nome do outeiro de Palonegro, onde tiveron lugar importantes enfrontamentos entre liberais e conservadores colombianos.