Aeroporto de Kuressaare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Kuressaare
Kuressaare lennujaam

IATA: URE – ICAO: EEKE
Sumario
Tipo público
Cidade/Illa Kuressaare
Elevación (msnm) 4 metros / 14 pés
Coordenadas Coordenadas: 58°13′47″N 22°30′34″L / 58.229722222222, 22.509444444444
Web http://www.kuressaare-airport.ee
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 2 000 6 562 asfalto
05/23 799 2 621 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 19 231
[1]

O aeroporto de Kuressaare (IATA: UREOACI: EEKE) é un aeroporto estoniano situado a 2,8 quilómetros ao sur da cidade de Kuressaare, na illa de Saaremaa.

A súa primeira pista de aterraxe foi construída na segunda metade dos anos 30 e o aeroporto inaugurouse oficialmente o 6 de marzo de 1945. O tráfico incrementouse durante os anos seguintes e entre 1949 e 1953 había entre 10 e 14 voos diarios entre Kuressaare e Talín. Durante ese tempo ao redor de 400 pasaxeiros voaba directamente a través do aeroporto. As súas instalacións non tiveron electricidade ata o ano 1958. A terminal actual foi construída en 1962 e a segunda pista, a 05/23, en 1976. En 1999 alongouse a pista principal e en 2007 modernizouse a terminal.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Transaviabaltika Talín
FLN Frisia Luftverkehr Estacional: Ruhnu

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Great Circle Mapper (ed.). "URE - Airport". Consultado o 17 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]