Aeroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroe
Ærø
Flag of Ærø.jpg Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Ærø
Datos
Capital
Pais Dinamarca
Linguas
Poboación (2005) 6.863 hab.
Superficie 88 Km²
Densidade 76 hab./km²
Concellos
Coordenadas
Maior Altura

Aeroe, (do Danés Ær = arce e Ø = illa) illa danesa no Mar Báltico, forma parte do condado de Funen, ao sur da illa de Fionia en danes Fyn.

88 km², 7.050 habitantes.(2003) A súa paisaxe está dominada por por pequenos outeiros, hai 3 vilas e 14 aldeas. cidade de Ærøskøbing , constitúe o centro histórico da illa. Marstal é o principal porto da illa e Søby é o centro económico. A illa conta cunha das máis grandes plantas de enerxía solar (18.365 m²). Cobre un terzo do consumo eléctrico da cidade de Marstal.

Historia[editar | editar a fonte]

As escavacións arqueolóxicas feitas datan as primeiras poboacións da illa cara o 8.000 a.C.

Durante a Alta Idade Media a cidade foi propiedade persoal do rei de Dinamarca, en 1240 cando a filla do rei Valdemar II de Dinamarca, Sofia, casou co conde Xoán I de Brandeburgo a illa foille entregada como dote, permanecendo nesta familia ata 1316 no que o conde Valdemar de Brandeburgo cedeulla ao nobre danés, Drosten Laurids Jonsen, e en 1331 quedou vencellada a Schleswig.

En 1410 Erik Valdemar II de Dinamarca conquistou a illa, pero en 1436 volveu ao ducado de Schleswig. Cando en 1460 morre sen deixar herdeiro o derradeiro duque, a illa co resto do ducado volveu a Dinamarca. En 1564 Federico II deixou unha parte do ducado, incluíndo a illa ao seu irmán Hans de Sonderborg, ao morrer o fillo deste en 1633 a illa foi dividida entre os seus tres irmáns e un sobriño.

En 1750 a illa foi mercada polo rei Federick V de Dinamarca e unida nun só distrito administrativo, aínda que ata 1864 forma parte de Schleswig como propiedade persoal do rei.

Dk-wyspy.png
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ærø