Aero Spacelines Super Guppy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aero Spacelines Super Guppy
B-377SG Super Guppy.jpg
Tipo carga
Fabricante Aero Spacelines
Primeiro voo 31 de agosto de 1965
Construídos 1 SG, 4 SGT

O Aero Spacelines Super Guppy é un gran avión de carga de fuselaxe ancho usado para transportar grandes compoñentes. Foi o sucesor do Pregnant Guppy, o primeiro avión Guppy fabricado por Aero Spacelines. Foron construídos cinco en dúas variantes distintas, e ámbalas dúas son coñecidas colequialmente como "Super Guppy".

Deseño[editar | editar a fonte]

O primeiro, o Super Guppy ou "SG", construíuse directamente dende a fuselaxe dun C-97J Turbo Stratocruiser, a versión militar do Boeing 377. A fuselaxe foi alongada ata os 43 m, e inchada cun diámetro máximo no interior de 7,6 m, e unha lonxitude do compartimento de carga de 28,8 m. O chan do compartimento só tiña 2,7 m de ancho, debido á fuselaxe do Stratocruiser.

Ademais das modificación da fuselaxe, o Super Guppy usa motores Pratt & Whitney T-34-P-7 mellorados con maior potencia e alcance, e ás e superficies de cola modificadas. Pode transportar unha carga de 24.545 kg a unha velocidade de 480 km/h.

A segunda versión foi oficialmente coñecida como o Super Guppy Turbine (SGT) debido a que os motores oxirinais do 377 foron substituídas por uns turbohélices Allison 501-D22C. A diferencia dos anteriores Guppies, a fuselaxe foi costruída dende cero. Grazas a iso Aero Spacelines puido aumentar o ancho no chan do compartimento de carga ata os 4 metros. A lonxitude total do compartimento aumentou ata os 33,8 m, e os mellorados motores e fuselaxe permitiron unha carga máxima de 24.700 kg. Esas melloras de deseño, combinadas cunha cabina da tripulación presurizada que permitía voar a máis altura, facendo que o SGT transportase máis carga que os seus antecesores.

O SGT conservou só a cabina, as ás, a cola e o tren de aterraxe principal do 377. O equipamento do morro foi collido do Boeing 707 (invertido 180 graos). Isto reduxo lixeiramente a parte dianteira do avión, nivelando a zona de carga e simplificando as operacións de carga.

A comezos dos anos 70, os dous Super Guppies foron usados por Airbus Industrie para transportar partes de avións dende as súas istalacións de produción descentralizadas ata a planta de ensamblaxe final de Tolosa. En 1982 e 1983 dous Super Guppies máis foron construídos por UTA Industries en Francia, despois de que Airbus mercase os dereitos de produción do avión. Os catro Super Guppies foron posteriormente substituídos polo Airbus Beluga, capaz de levar o doble de carga.

O derradeiro Super Guppy fabricado aínda está en servizo: trátase dun SGT operado pola NASA (actualmente usado para levar compoñentes da Estación Espacial Internacional e do Proxecto Orión). Ten a súa base e opera dende Ellington Field en Houston, Texas. Os outros catro están inactivos: o SG no Pima Air and Space Museum, na base de Davis-Monthan, Arizona; o primeiro SGT, que se comezou a restaurar reentemente, atópase en Bruntingthorpe, Reino Unido; o segundo está no exterior da fábria de Airbus en Tolosa; e o terceiro en Finkenwerder, Alemaña.