Aereogramme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aereogramme
Orixe Glasgow, Escocia Escocia
Período 1998 - 2007
Xénero(s) rock alternativo, rock progresivo, post-rock
Selo(s) discográfico(s) Chemikal Underground, Matador Records, Sonic Unyon
Membros Craig B.
Iain Cook
Campbell McNeil
Martin Scott

Aereogramme foi unha banda escocesa de rock alternativo/progresivo formada en abril de 1998. Estivo composta por Craig B. (voces, guitarra), Iain Cook (guitarra, programación), Campbell McNeil (baixo) e Martin Scott (batería). Antes de separarse no ano 2007 a banda editou catro álbums de estudio.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formada en abril de 1998 a banda editou dous sinxelos de 7" en 1999 antes de asinar con Chemikal Underground a principios do ano 2000. Nese momento editaron dous EPs antes de lanzar o seu primeiro álbum, A Story in White, no 2001. No ano 2003 seguíulle Sleep and Release e a banda cambiaríase ao selo Undergroove Records antes do lanzamento do seu terceiro álbum, Seclusion. O grupo volvería a asinar con Chemikal Underground en agosto do 2006.

O seu cuarto álbum, My Heart Has a Wish That You Would Not Go, foi editado en Europa e nos Estados Unidos o 29 de xaneiro do 2007, e en Xapón o 14 de outubro do 2006, e collía o seu título da novela The Exorcist.

O 11 de maio do 2007 Aereogramme anunciou a súa disolución. A banda realizou o seu derradeiro concerto no Connect Festival en Inverary, Escocia o 31 de agosto dese ano.

Iain Cook e Craig B. formaron posteriormente a banda The Unwinding Hours, coa cal editaron un álbum do mesmo nome en febreiro do 2010. Martin Scott traballa na actualidade coa banda escocesa Biffy Clyro como tour manager, e Campbell McNeil fai o mesmo traballo cos australianos The Temper Trap.

Discografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]