Aer Arann
Aer Arann é unha aeroliña rexional da República de Irlanda con sede en Dublín e que opera en Irlanda, Reino Unido, Francia e a Illa de Man. A recente expansión da compañía aerea a converteu na terceira aeroliña de Irlanda por detrás de Aer Lingus e Ryanair e conta cun total de 25 destinos.
Índice |
Historia[editar]
Aer Arann realizou o seu primeiro voo comercial en 1970 entre Galway e Inis Mór, nas Illas Aran, na costa Oeste de Irlanda.
Nos anos '80, a compañía ampliou os seus servizos coa liña entre Galway e Dublín. En 1994 Padraig O’Ceidigh faise cargo da compañía, comezando un período de maior expansión. en 1998 creouse a liña Sligo-Dublín.
No 2002 comezaron os servizos ao Reino Unido e Jersey coas liñas entre Cork e Birmingham. Seguindo o éxito das rutas co Reino Unido, no 2004 a compañía introducíu o servizo entre Galway, Waterford e Cork con Lorient, o primeiro paso da aeroliña irlandesa na Europa continental. Tamén no 2004 establecéronse voos con Nantes, tamén en Bretaña.
Frota[editar]
Frota actual[editar]
En Agosto do 2010 a frota de Aer Arann estaba formada por un total de 12 avións:
- ATR 42: 5 (48 ou 50 pasaxeiros)
- ATR 72: 3 (68 ou 70 pasaxeiros)
- Britten-Norman Islander: 3 (9 pasaxeiros)
- Saab 340: 1 (34 pasaxeiros)
Frota histórica[editar]
- ATR 72-500 (actualmente opera con Aer Lingus Regional)
- BAe 146-200
- Fokker 50
- Piper PA-31 Navajo
- Short 360