Aerómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O aerómetro é un aparello que se utiliza para medir, cunha alta precisión, a densidade de aire ou calquera outro gas[1].

Características[editar | editar a fonte]

Os aerómetros son tubos de vidro máis largos por abaixo para que se manteñan estables en posición vertical ao mergullalos nun líquido. Actúan segundo o principio de Arquimedes que di que todo corpo total ou parcialmente somerxido nun fluído estático vai ser empurrado cunha forza ascendente igual ao peso do volume do fluído desprazado por ese corpo, polo tanto o aerómetro sufrirá un pulo proporcional á densidade do líquido, afundindo máis canto máis lixeiro sexa o líquido e menos canto máis pesado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cómpre dicir que ás veces, incorrectamente, reciben este nome os aparellos para medir a densidade dos líquidos