Adufe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O adufe é unha variedade de pandeiro, cuadrangular e de sonoridade grave[1], introducido polos árabes na Península Ibérica, con presenza en Galicia, aparece nunha cantiga de Martín de Xinzo [2] , e que na actualidade quedou reducido a unha pequena zona de Portugal, fundamentalmente no Alentexo e no distrito de Castelo Branco e que é executado exclusivamente polas mulleres para acompañar o canto con ocasión de romarías e festas populares. Antigamente tamén se utilizaba na música que acompañaba as capoeiras brasileiras. [3]
O adufe consiste en dúas membranas, os lados miden 45 cm aproximadamente. A madeira cúbrese polos dous lados con peles de cabra ou carneiro.