Adrienne Rich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rich (dereita), coas escritoras Audre Lorde (esquerda) e Meridel Le Sueur (centro) en Austin, Texas, 1980

Adrienne Cecile Rich, nada en Baltimore (Maryland) o 16 de maio de 1929 e finada en Santa Cruz (California) o 27 de marzo de 2012, foi unha poeta, ensaísta e feminista americana: "unha das máis lidas e influíntes do século XX",[1][2] recoñecida por "facer visible no discurso poético a opresión de mulleres e lesbianas."[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación e contexto familiar[editar | editar a fonte]

Filla de Arnold Rice Rich, xudeu e un reputado patólogo, e Helen Elizabeth (Jones) Rich,[4] sureña e pianista e compositora (antes de casar). Adrienne era a maior de dúas irmás, que foron educadas coma cristiás.

Dende sempre seu pai animouna a ler e escribir os seus propios poemas. Tiña á súa disposición a ampla e variada biblioteca paterna, por medio da que coñeceu a obra de escritores coma Henrik Ibsen, Arnold, Blake, Keats, Rossetti, and Tennyson. Seu pai quería "facer un prodixio" dela. Adrienne Rich e súa irmá foron educadas na casa por súa nai ata que, no cuarto grado, asistiu a un colexio. Os poemas Sources e After Dark documentan a relación con seu pai, describindo o duro que tivo que traballar para cumprir as expectativas paternas.

Posteriormente, asistiu ao Roland Park Country School: o "típico colexio feminino pola vella que nos proporcionaba modelos de mulleres solteiras e inlectualmente apaixoadas.[5]" Despois de graduarse diplomouse no Radcliffe College, Harvard, onde se centrou na poesía e na escritura creativa. En 1951, o seu último ano en Radcliffe, A Change of World, o seu primeiro poemario, foi seleccionado por W. H. Auden para o Yale Series of Younger Poets Award. Logo de graduarse recibiu unha bolsa da Fundación Guggenheim para estudar un ano en Oxford, pero despois de visitar Florencia decidiu non volver a Oxford e empregou o tempo restante en Europa, escribindo e explorando Italia.

Primeira etapa: 1953–1975[editar | editar a fonte]

En 1953 casou con Alfred Haskell Conrad, un profesor de economía da Universidade de Harvard: "casei, en parte, porque non coñecía un xeito mellor de desconectar da miña familia ... desexaba o que consideraba a vida plena dunha muller, na medida do posible." Establecéronse en Cambridge, Massachusetts e tiveron tres fillos: David en 1955 (coincidindo coa publicación de The Diamond Cutters, un libro do que se arrepentiu), Paul en 1957 e Jacob en 1959.

Os 1960s iniciaron un período de cambios na súa vida. Publicou Snapshots of a Daughter-in-Law, unha obra onde examinaba a súa identidade feminina e que reflectía as tensións que sentía como nai e cónxuxe, marcando tamén un cambio substancial en canto a estilo e temática. No seu ensaio "Split at the Root: An Essay on Jewish Identity" (1982) afirma que "a experiencia da maternidade, co tempo, me radicalizaría." O libro recibiu moitas críticas: "percibíuseme coma 'amargada' e 'persoal'; e ser persoal supuña ser inmediatamente desautorizada, e iso foi moi desacougante ..., e non volvín a intentar algo semellante durante moito tempo."

Trasladáronse a New York en 1966 e Rich empezou a participar en actividades da New Left: protestando contra a Guerra de Vietnam, loitando polos dereitos civís e asociándose ao movemento feminista. En 1968 asinou a “Writers and Editors War Tax Protest”, que rexeitaba pagar taxas se estas servían para sufragar a participación dos Estados Unidos na Guerra de Vietnam.[6] Poemarios desta época son Necessities of Life (1966), Leaflets (1969), e The Will to Change (1971), que reflicten un interese crecente pola forma poética e un contido político cada vez máis radical.

De 1967 a 1969 iniciou actividades coma docente en diversas institucións académicas e seguiu a recibir premios. O seu compromiso político levouna a organizar actividades no seu apartamento para recadar fondos contra a guerra e en favor dos Panteras Negros. As tensións coa súa parella agudízanse cada vez máis (Conrad temía que ela perdera a cabeza), acabando por separarse a mediados dos 1970s. Pouco despois Conrad suicidouse.

Diving into the Wreck, un poemario exploratorio mereceu o National Book Award for Poetry de 1974 xunto coa obra de Allen Ginsberg, The Fall of America.[7] Rexeitou aceptalo invidualmente; so aceptou cando foi acompañada polas outras dúas poetas feministas nominadas ao premio, Alice Walker e Audre Lorde, que o recibiron en nome de todas as mulleres.

Segunda etapa: 1976–2012[editar | editar a fonte]

En 1976, Rich iniciou unha relación coa novelista e editora xamaicana Michelle Cliff. No seu controvertido Of Woman Born: Motherhood as Experience and Institution, publicado o mesmo ano, Rich admitiu que, para ela, o lesbianismo era un asunto tanto político como persoal: "a lesbiana reprimida que levaba dentro de min dende a adolescencia comezou a estarricarse." O panfleto Twenty-One Love Poems (1977), incluído en Dream of a Common Language (1978), supuxo a primeira vez que se trataba o desexo e sexualidade lésbicas na súa escrita, temas que percorren o seu traballo posterior, especialmente en A Wild Patience Has Taken Me This Far (1981) e algúns dos seus últimos poemas en The Fact of a Doorframe (2001).[8] En Adrienne Rich: the moment of change, Langdell argumenta que estas obras representan un rito central de pasaxe para a poeta, cando Rich inicious unha "nova relación co universo".[9]

Neste período tamén escribiu algúns ensaios chave dende o punto de vista socio-político, incluíndo "Compulsory Heterosexuality and Lesbian Existence", un dos primeiros en tratar o tema da existencia lésbica. Nesta obra pregúntase "como e por que que unha muller elixa outra muller como compañeira sentimental, parella, colega no traballo, amante, [é un feito que] ten sido aplastado, invalidado, agochado á forza". Algúns ensaios publicáronse de novo en On Lies, Secrets and Silence: Selected Prose, 1966–1978 (1979). Ao integrar estas pezas na súa obra, Rich reivindicou a súa sexualidade e xogou un papel importante no liderado a prol da igualdade sexual.

En 1990 contribuíu a fundar Bridges: A Journal for Jewish Feminists and Our Friends, unha publicación da que foi editora. Explorou a relación entre as esferas pública e privada da historia, especialmente no caso dos dereitos das mulleres xudías. Sobre o papel das poetas escribiu que "podemos sentir amargor polo pouco que os nosos poemas son quen de facer á vista dun poder tecnolóxico fóra de todo control e unha avaricia corporativa aparentemente sen límites, inda que sempre foi certo que a poesía pode rachar o illamento, mostrarnos a nos mesmos cando se nos proscribe ou se nos fai invisibles, nos lembra a beleza alí onde esta non é posible, nos lembra as afinidades alí onde todo se representa como separación."[10]

En 1997, Rich rexeitou a National Medal of Arts como protesta contra o voto favorable da Casa de Representantes ao finiquito do National Endowment for the Arts así coma outras políticas da Administración Clinton ao respecto das artes en xeral e da literatura en particular: "non podía aceptar un recoñecemento do Presidente Clinton ... porque o mesmo significado de arte, tal e como eu o entendo, é incompatible coas políticas cínicas desta administración ... A arte non significa nada se simplemente, á hora da cea, adorna a mesa do poder que a mantén coma refén".[11] O que publicou a continuación foi unha mestura de poesía e ensaio: Midnight Salvage: Poems 1995–1998 (1999), The Art of the Possible: Essays and Conversations (2001), and Fox: Poems 1998–2000 (2001).

A inicios dos 2000s, Rich manifestouse contra a guerra de Irak, con lecturas públicas e outras actividades. Seguiu a recibir numerosos e prestixiosos premios e formou parte de importantes institucións culturais, como a Academy of American Poets.

Finou á idade de 82 anos. Pablo Conrad, fillo seu, informou que a causa foran as secuelas da artrite reumatoide que levaba tempo padecendo.[12] O seu último poemario publicouse en 2011 e sobrevivíronlle os seus fillos e Michelle Cliff.[13]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

  • A Change of World, 1951
  • The Diamond Cutters, 1956
  • Snapshots of a Daughter-in-Law, 1963
  • Necessities of Life, 1966
  • Leaflets, 1969
  • Will to Change, 1971
  • Diving Into the Wreck, 1972
  • Of Woman Born: Motherhood, 1976
  • Twenty-One Love Poems, 1974-1976, publicado en 1977
  • Dream of a Common Language, 1978
  • A Wild Patience Has Taken Me This Far, 1981
  • The Fact of a Doorframe, 2001
  • On Lies, Secrets and Silence: Selected Prose 1966-1978, 1979
  • Blood, Bread, and Poetry: Selected Prose 1979-1985
  • An Atlas of the Difficult World, 1991
  • Dark Fields of the Republic, 1995
  • Telephone Ringing in the Labyrinth: Poems 2004-2006

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nelson, Cary, editor. Anthology of Modern American Poetry. Oxford University Press. 2000.
  2. March 28, 2012 . "Poet Adrienne Rich, 82, has died". Los Angeles Times. http://latimesblogs.latimes.com/jacketcopy/2012/03/adrienne-rich.html. Consultado o 29 de marzo, 2012.
  3. Flood, Alison (29 de marzo, 2012). "Adrienne Rich, award-winning poet and essayist, dies". The Guardian. http://www.guardian.co.uk/books/2012/mar/29/adrienne-rich-poet-essayist-dies. Consultado o 29 de marzo, 2012.
  4. "Adrienne Cecile Rich". Jewish Women's Archive. http://jwa.org/encyclopedia/article/rich-adrienne-cecile. Consultado o March 29, 2012.
  5. Martin, Wendy (1984) An American triptych: Anne Bradstreet, Emily Dickinson, Adrienne Rich The University of North Carolina Press p174 ISBN 0-8078-4112-9
  6. “Writers and Editors War Tax Protest” January 30, 1968 New York Post
  7. "Poets.org". Adrienne Rich. http://www.poets.org/poet.php/prmPID/49. Consultado o December 12, 2011.
  8. Aldrich and Wotherspoon (2000) Who's Who in Gay and Lesbian History, Vol 2. Routledge p352 ISBN 0-415-22974-X.
  9. Langdell, Cheri Colby (2004) Adrienne Rich: the moment of change. p. 159 Praeger Publishers ISBN 0-313-31605-8
  10. "Adrienne Rich: Online Essays and Letters". English.illinois.edu. http://www.english.illinois.edu/maps/poets/m_r/rich/onlineessays.htm. Consultado o March 28, 2012.
  11. "In a Protest, Poet Rejects Arts Medal", The New York Times, July 11, 1997. Retrieved February 10, 2012.
  12. "Poet Adrienne Rich, 82, has died". Los Angeles Times. March 28, 2012. http://latimesblogs.latimes.com/jacketcopy/2012/03/adrienne-rich.html. Consultado o March 28, 2012.
  13. "Adrienne Rich". The Daily Telegraph. March 29, 2012. http://www.telegraph.co.uk/news/obituaries/9174640/Adrienne-Rich.html. Consultado o March 29, 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • por exemplo, orixinal e tradución dun poema da autora.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrienne Rich