Adrien-François Servais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adrien-François Servais
Servais Adrien.JPG
Servais co seu violonchelo Stradivarius
Nome completo Adrien Francois Servais
Naceu 6 de xuño de 1807
Orixe Halle, Flag of Belgium.svg Bélxica
Morreu 26 de novembro de 1866 en Halle, Flag of Belgium.svg Bélxica
Ocupación (s) Violonchelista
Instrumento(s) Violoncello

Adrien François Servais, nado o 6 de xuño de 1807 en Halle (Bélxica) e finado na mesma localidade o 26 de novembro de 1866, foi un violonchelista e compositor belga, considerado o máis influente do século XIX e é frecuentemente coñecido co,o o "Paganini" do violonchelo, alcume atribuído a Hector Berlioz. Foi coñecido no seu tempo polo seu virtuosismo e o seu excesivo vibrato. É considerado o primeiro violonchelista en empregar unha pica debido ao gran tamaño do seu Stradivarius[1], se ben é posible que esta fóra empregada por outros violonchelistas con anterioridade (o uso da pica non era xeralizado na meirande parte dos violonchelistas ata principios do século XX, por exemplor, Carlo Alfredo Piatti nunca empregou a pica).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Servais naceu no seo dunha familia de músicos, seu pai era un modesto organista de igrexa. Iniciouse na práctica do violín, mais con 12 anos decidiu abandonalo para pasarse ao violonchelo, instrumento que estudou co iniciador da escola belga, Nicolas Joseph Platel. En 1829 pasou a ser profesor axudante do seu mestre no Conservatorio Real de Bruxelas.

En 1833 realizou a súa primeira xira mundial, que comezou en París e continuou por outras cidades francesas e por Inglaterra. Logo duns anos de ensino en Bruxelas, reapareceu en París en 1836, continuando unha triunfante xira europea polos Países Baixos, Alemaña, Francia, Rusia, Austria, Suecia, Noruega e Dinamarca. En 1848 ocupou a cátedra do Conservatorio Real de Bruxelas e a praza de solista da Corte. As súas continuadas xiras internacionais (durante os seus corenta anos de actividade deu máis de 10.000 concertos), danlle unha sona incomparable no seu tempo. Un dos seus destinos favoritos foi Rusia, onde obtivo en 1848 da princesa Youssopov o seu famoso violonchelo Stradivarius de 1701 (chamado despois Servais Stradivarius, e actualmente propiedade do Smithsonian Institute). En 1849 casou en San Petersburgo con Sophie Féguine, gran amante da música e que fixo da residencia familiar un centro de reunión de artistas: a casa dos Servais en Halle foi lugar favorito de descanso do seu amigo Franz Liszt. Estableceu unha íntima amizade con Henri Vieuxtemps (con quen compuxo os seus dúos para violín e violonchelo, e formou parella habitual nas súas xiras), de Mendelssohn, de Rossini (quen lle adicou o seu Concerto para Viololchelo), e de Wagner.

O traballo de Servais no Conservatorio Real de Bruxelas foi moi intenso, e entre os seus alumnos encóntanse los belgas Joseph Servais (o seu fillo), Jules Deswert, Charles Montigny, Charles Meerense, Ernest De Munck (fillo de François De Munck), Adolph Fisher e Paul Becker, el neerlandés Joseph Hollmann, o alemán Valentin Muller, os poloneses Adam Hermanowski e Jan Karlowicz, ou os rusos Vickentiy Meshkov, Arved Porten e Alexander Storozhenko. A súa labor docente e o seu talento nesta área no descansou tampouco durante as súas xiras, onde se convertiu nun importante descubridor e formador de novos talentos como o francés Víctor Mirecki.

Uns anos despois da súa morte en 1866, Servais foi homenaxeado pola súa localidade natal de Halle, onde se ergueu unha estatua do músico por parte do seu xenro Cyprian Godebski.

Traxectoria como compositor[editar | editar a fonte]

Como compositor, Servais compuxo únicamente obras para violonchelo, e as empregaba habitualmente nos seus concertos. O seu xénero favorito era a fantasía, á que aplicou o principio de variación, e lle deu a posibilidade dunha gran liberdade -como compositor e como intérprete- e de mostrar a súa técnica instrumental e o seu virtuosismo.

Destacan entre as súas obras as Dezaseis fantasías para violonchelo e orquestra (sobre Il Barbiere di Siviglia e Le Comte Orly de Rossini; Lucia di Lammermoor e La Fille du Rigiment de Donizetti; Les Huguenots de Meyerbeer; Lestocq de Auber; Sehnsuchtswalzer de Schubert; e Le Carnaval de Venise (inspirado nas variacións de Paganini do mesmo título); e sobre temas rusos (Fantasía sobre dous cancións rusas e Recordo de San Petersburgo), Recordos de Suíza, Voda en Cracovia, Fantasía polonesa, Recordos de Bade, Recordos de Tchernovitzy, Dueto para dous violonchelos sobre tema de Dalayrac, Cinco concertos para violonchelo e orquestra, e os seus Seis Caprichos para dous violonchelos, o segundo ad libitum.

As súas composicións continúan a ser estudadas, tocadas e gravadas en todo o mundo.

Composicións de Servais[editar | editar a fonte]

Composicións propias

  • Fantaisie sur un thème favori, Op. 1
para violonchelo e piano - tamén para violonchello e arpa
  • Souvenir de Spa, fantaisie, Op. 2
violonchelo e piano - tamén violonchelo e cuarteto
  • Le Comte Ory. Caprice, Op. 3
violonchelo e piano - tamén para dous violonchelos
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Concerto (en Si mineur) Op. 5
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Le Barbier de Séville, grande fantaisie, Op. 6
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • Andante cantabile et Rondo à la Mazurka sur un Air de Balfe, Op. 7
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Fantaisie Characteristique sur deux célèbres Romances de Lafont, Op. 8
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • Fantaisie burlesque (ou le Carnaval de Venise), Op. 9
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • Souvenir de la Suisse. Caprice, Op. 10
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • 6 Caprices pour Violoncelle, Op. 11
para 2 violonchelos
  • Grande fantaisie sur des motifs de l’opera Lestocq, Op. 12
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • Fantaisie sur 2 Airs russes, Op. 13
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto
  • Morceau de Concert, Op. 14
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • Souvenir de St. Petersburg. Fantaisie, Op. 15
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • La Fille du Régiment. Fantaisie et Variations, Op. 16
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e cuarteto - tamén para violonchelo e orquestra
  • O cara memoria: Fantaisie et Variations, Op. 17
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Concerto Militaire, Op. 18
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Grande Fantaisie polonaise sur des Airs du ballet ‘La Noce de Cracovie’, Op. 19
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Souvenir de Bade. Grande Fantaisie, Op. 20
para violonchelo e piano - tamén para violonchelo e orquestra
  • Souvenir de Czernowitz. Morceau de Salon sur des Airs Roumains, Op. 21
para violonchelo e piano

Servais e Joseph Ghys

(violonchelo e violín)
  • Variations brillantes et concertantes sur l’air “God Save the King”

Servais e Henri Vieuxtemps

(violonchelo e violín)
  • Grand Duo sur des motifs de l’Opéra Les Huguenots de G. Meyerbeer

Servais e Hubert Léonard

(violonchelo e violín)

Servais e Jacques Gregoir

(violonchello e piano)
  1. Duo brillant sur un Thème de Donizetti
  2. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Fra Diavolo
  3. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Le Prophète
  4. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Norma
  5. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Le Juif errant
  6. Duo brillant sur des motifs de l’opéra L’Etoile du Nord
  7. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Martha
  8. Grand Duo brillant sur des motifs de l’opéra Il Trovatore
  9. Grand Duo sur des motifs de l’opéra Le Pardon de Ploërmel
  10. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Tannhaüser
  11. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Der Freischütz (Robin des bois)
  12. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Obéron
  13. Grand Duo brillant sur des motifs de l’opéra Lohengrin
  14. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Don Juan
  15. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Euryanthe
  16. Duo sur des motifs de l’opéra L’Africaine
  17. Duo sur des airs espagnols
  18. Duo brillant sur des motifs de l’opéra Preciosa
  19. Duo sur des motifs de l’opéra Les Huguenots
  20. Duo sur des motifs de l’opéra Les Puritains
  21. Duo sur des motifs de l’opéra La Traviata
  22. Duo sur des motifs de l’opéra Luisa Miller
  23. Duo sur des motifs de l’opéra Rienzi
  24. Duo sur des motifs de l’opéra Der fliegende Holländer (Le vaisseau fantôme)
  25. Duo sur des motifs de l’opéra Aïda [Gregoir & Joseph Servais?]
  26. Thèmes bohémiens
  27. Thèmes russes
  28. Duo sur des motifs de l’opéra La Somnambule
  29. Duo sur des motifs de l’opéra Faust de Gounod [Gregoir & Joseph Servais]
  • La Muette de Portici, opéra d’Auber / Muette (Masaniello). Duo
  • Grand duo pour piano et violoncelle sur des motifs de l'opera Casilda
  • Un Ballo in Maschera. Opera de Verdi. Duo pour Piano et Violoncelle

Transcripcións doutras obras doutros compositores

  • Elégie en ut pour l'Alto, J. F. Mazas, op. 73
  • La Romanesca, fameux air de danse de la fin du XVIme siècle
  • Le Lac de Côme. Barcarolle composée par Mr. G. Alari
  • Souvenirs élégiaques de A. Bessems
  • Regrets, Pensée musicale à la mémoire de la Reine des Belges, par J. Grégoir
  • La Veillée, Pastorale de B. Damcke
  • Etudes de Rhythme par L. J. Meerts. Transcrites pour deux Violoncelles
  • 6 Morceaux caractéristiques composés par H. Ferd. Kufferath, Op. 30
  • 2 Mazurkas de Chopin [Mazurka in F sharp Minor Op. 6 No 1 en Mazurka in F Minor Op. 7 No 3]
  • Nocturne de F. Chopin [Nocturne in E flat Major Op. 9 No 2]

Composicións non publicadas

  • Fantaisie intitulée concertino
  • Fantaisie La Romantique
  • Souvenir d’Anvers
  • Fantasia sur la folle
  • Fantaisie élégante
  • Fantaisie et Variations n° 18
  • Fantaisie Caprice pour 2 Violoncelles
  • Fantaisie pour violoncelle
  • Maître Corbeau
  • Fantaisie sur l’hymne national/Fantaisie belge pour violoncelle
  • Air varié pour contrebasse
  • Deux célèbres mélodies de Glinka
  • Grand Duo de Guillaume Tell (Servais & Jules Godefroid)
  • Duo sur Lucie de Lammermoor (Servais & Félix Godefroid)

Outras composicións

  • Le Chant des Alpes
  • Grande Fantaisie, Souvenir de Naples
  • Fantaisie slave
  • Caprice ‘Hommage à Rossini’
  • Souvenir de Haydn
  • Cinquième Concerto
  • Souvenir de Kiev
  • Variations on the Russian Anthem theme
  • Souvenirs du Mont-d'Or
  • Larghetto - W. A. Mozart (arranxo de Servais para violonchello, harmonio e piano)
  • Melodie for voice and cello (Servais e Willem Pasques de Chavonnes Vrugt)
  • Grand Duo de piano et violoncelle (con Jules Déjazet)

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lev Ginsburg, History of the Violoncello, Paganiniana Publications, 1983
  • Peter François, Adrien François Servais (1807–1866), de Paganini van de cello - the Paganini of the Cello, <www.servais-vzw.org>
  • Peter François, Ah! Le métier de donneur de concerts! Adrien François Servais (1807–1866) als rondreizend cellovirtuoos, Halle, Servais Society, 2007 (ISBN 9789078897019)
  • Peter François, Adrien François Servais 1807-2007. Halse cellist met wereldfaam. Catalogus van de tentoonstelling in Halle, 5 mei - 6 juni 2007, Halle, Servais Society, 2007 (illustrated exhibition catalogue) (ISBN 97897078897026)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrien-François Servais

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]