Adriano Romero Cachinero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdriano Romero Cachinero
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Villanueva de Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Morte1979 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Murcia
31 de decembro de 1936 – 17 de xaneiro de 1937 – Antonio Pretel Fernández (en) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas

24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Adriano Romero Cachinero, nado en Villanueva de Córdoba en 1902 e finado en París en 1979, foi un xornalista e político comunista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE de Córdoba. Marchou en 1929 a Sevilla. Foi candidato do PCE pola provincia de Córdoba nas eleccións xerais de 1931, sendo o candidato comunista con máis apoios.[1] Foi elixido deputado do Fronte Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1936. Participou nos mitins do Primeiro de Maio de Cerdedo xunto con Amando Guiance Pampín,[2] e no de Ourense con Luis Acuña Nóvoa e Severino Nóvoa Gutiérrez.[3] Durante a guerra civil foi membro do Comité Central do PCE e dirixiu un batallón de milicianos con Antonio Pretel Fernández que en xullo de 1936 acabou coa sublevación militar en Motril e Guadix. Despois foi gobernador civil de Murcia de decembro de 1936 a xaneiro de 1937. Foi nomeado comandante da 55 Brigada Mixta o 1 de marzo de 1937 co grao de maior de Milicias, manténdose no posto ata setembro. Pasou o resto da guerra en Cidade Real como responsable do PCE na provincia de Cidade Real. En 1939 sorprendeuno alí o golpe de Segismundo Casado e estivo a piques de ser fusilado por unha columna da CNT da 71 Brigada.

Cando os sublevados tomaron Cidade Real atopárono preso na cadea da cidade. Sometido a consello de guerra en Córdoba, foi condenado a morte en 1941 por adhesión á rebelión, conde máis tarde conmutada. Foi sometido a un novo consello de guerra en Granada en 1943 e novamente condenado a morte, sendo igualmente conmutada a pena pola de cadea perpetua en marzo de 1944. Finalmente condenado a 30 anos, pasou polas prisións de Córdoba, Granada e Alcalá de Henares. Nas súas estadía nas prisións de Córdoba e Granada foi un dos principais artífices da reorganización do PCE na clandestinidade. Mentres estivo na prisión de Granada foi acusado de traizón ao PCE. Foi apartado por iso do partido e por manter discrepancias con respecto aos responsables da dirección do PCE nas cadeas, o mantemento da loita guerrilleira e o sectarismo da liña política que illaba aos comunistas dos republicanos, socialistas e anarquistas. En marzo de 1946 foi posto en liberdade. Rexeitado polo PCE refuxiouse en Sevilla. Logrou reunir 3 000 pesetas para pagar un guía que o trasladou a Francia. Cando chegou a Tolosa fixo un informe ante o PCE, que lle regateou un aval da UGT necesario para que as autoridades francesas non o devolveran a España. Desenganado, sumouse ao Movimiento de Acción Socialista impulsado por José del Barrio Navarro e Jesús Hernández Tomás.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Eurocarrillismo y oportunismo, 1984.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adriano Romero Cachinero en Cordobapedia.
  2. Golpe de Estado e represión en Cerdedo
  3. El Pueblo Gallego, 3-5-1936, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]