Adriano Correia
![]() Adriano como xogador do Sevilla. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Adriano Correia Claro | ||
| Nacemento | 26 de outubro de 1984 (28 anos) | ||
| Lugar | Curitiba, Brasil | ||
| Altura | 1,72 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Barcelona | ||
| Número | 21 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Coritiba | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2002–2004 | Coritiba | 81 | (2) |
| 2005–2010 | Sevilla | 157 | (11) |
| 2010– | Barcelona | 62 | (6) |
| Selección nacional | |||
| 2003 | Brasil sub-20 | ||
| 2003– | Brasil | 17 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 29 de abril de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 6 de febreiro de 2013. |
|||
Adriano Correia Claro, nado en Curitiba (Paraná) o 26 de outubro de 1984, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga de lateral e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu na cidade brasileira de Curitiba, onde empezou a xogar desde moi novo. Con 8 anos o seu pai, Athaide, animoulle a intentar xogar coa súa perna esquerda tras sufrir unha lesión na súa perna dereita.[1] Adriano Correia é destro, pero adoita xogar pola banda esquerda.
O seu primeiro equipo profesional foi o Coritiba Foot Ball Club, no que debutou antes de cumprir os 18 anos.
En xaneiro de 2005 chegou ao Sevilla FC, club da Primeira División de España, a metade de tempada no mercado invernal. Co club hispalense disputou máis de 200 partidos nos que marcou 19 goles.
Tras a súa estancia de case 6 anos no club de Nervión, o venres 16 de xullo de 2010 fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona por 9,5 millóns de euros,[2][3] uníndose así aos seus compatriotas Daniel Alves e Maxwell. Adriano, que utilizaba o dorsal número 6 no Sevilla FC, ocupa o 21 que deixou Dmytro Chygrynskiy tras o seu regreso ao FC Shakhtar Donetsk ucraíno.
O 2 de febreiro de 2011, Adriano marca o seu primeiro gol co FC Barcelona, nas semifinais de volta da Copa do Rei contra o UD Almería, partido que terminaría por 3 a 0 a favor do conxunto catalán.
Selección nacional [editar]
Participou na Copa Mundial de Fútbol Xuvenil de 2003 coa Selección brasileira, conseguindo finalmente o título tras vencer a España na final por 1 a 0.
En 2004 formou parte da Selección brasileira absoluta que gañou a Copa América 2004, celebrada ese ano en Perú.
En total, xogou 9 partidos internacionais, nos que non marcou ningún gol.
Clubs e estatísticas [editar]
| Club | Tempada | Liga | Copa | Comp. Continental | Otros | Total | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||||
| Coritiba |
2002-2004 | 81 | 2 | - | - | - | - | - | - | 81 | 2 | ||
| Total | 81 | 2 | - | - | - | - | - | - | 81 | 2 | |||
| Sevilla FC |
2004/05 | 16 | 2 | - | - | 4 | 1 | - | - | 20 | 3 | ||
| 2005/06 | 32 | 3 | 0 | 0 | 13 | 3 | - | - | 45 | 6 | |||
| 2006/07 | 26 | 2 | 3 | 0 | 11 | 1 | 1 | 0 | 41 | 3 | |||
| 2007/08 | 29 | 1 | - | - | 6 | 0 | - | - | 35 | 1 | |||
| 2008/09 | 29 | 3 | 6 | 1 | 5 | 1 | - | - | 40 | 5 | |||
| 2009/10 | 27 | 0 | 4 | 0 | 4 | 1 | - | - | 35 | 1 | |||
| Total | 153 | 11 | 13 | 1 | 43 | 7 | 1 | 0 | 216 | 19 | |||
| FC Barcelona |
2010/11 | 2 | - | - | 1 | - | - | 2 | 0 | 2 | 1 | ||
| Total | 2 | 0 | - | - | - | - | 2 | 0 | 2 | 0 | |||
| Total carreira | 236 | 13 | 13 | 1 | 43 | 7 | 3 | 0 | 299 | 21 | |||
| Datos correspondentes a 11 de outubro de 2010 | |||||||||||||
