Adrian, Michigan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adrian, capital do condado de Lenawee, en Michigan, Estados Unidos, con 21.574 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
En 1826 Addison J. Comstock, procedente de Nova York, estableceu o primeiro asentamento ao que chamou "Logan". En 1836 o asentamento foi recoñecido como vila. En 1838 a muller de Addison convenceuno para lle cambiar o nome por Adrian, en honra do emperador romano, en 1853 conseguiu a categoría de cidade.
Economía [editar]
Fabricación de compoñentes para automóbiles, plásticos, aluminio, mobles.
Orixe da poboación [editar]
24.6% alemá, 16.99% hispana, 11.6% inglesa , 9.4% irlandessa, 4% francesa, 3.5% afroamericana, 3.4% polaca, 3% italiana, 1.9% holandesa, 1.4% escocesa, 1% franco-canadiana, 0.8% asiática, 0.6% nativoamericana.