Adrián Fernández López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adrián Fernández López
Información persoal
Nacemento 15 de abril de 1984
Lugar de nacemento Lugo
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Adrián Fernández López, nado en Lugo o 15 de abril de 1984, é un ex futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Lugo, marchou de moi novo a Asturias, onde deu os seus primeiros pasos no fútbol xogando nas categorías inferiores do Real Tapia CF. Anos máis tarde, de volta na cidade da muralla, remataría de formarse no Club Deportivo Lugo, equipo co que debutaría en Segunda División B na campaña 2003-04. Ese mesmo ano unha lesión no seu pé dereito impediu a súa progresión como xogador, quedando relegado dos terreos de xogo de xeito profesional.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Real Tapia CF España España ?
CD Lugo Galicia Galicia 20032004