Adolfo Torrado Ozores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Torrado Ozores
Biografía
Nacemento1842 Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1888 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Adolfo Torrado Ozores, nado en 1842 e finado na Coruña o 26 de xullo de 1888[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón Torrado Bandín e Carmen Ozores Varela do pazo de Asadelos, en Rianxo. Na Restauración militou no Partido Liberal e foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Carral nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela en 1881 e polo de Corcubión nas eleccións de 1886.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Emilia Atocha Mira e foi pai de Pedro Torrado Atocha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Lucense, 28-7-1888, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]