Adolfo Sánchez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Sánchez Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Alxeciras, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 2011 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
México Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , escritor de non ficción , crítico literario , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional Autónoma de México
Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 887253

Adolfo Sánchez Vázquez, nado en Alxeciras o 17 de setembro de 1915 e finado en Cidade de México o 8 de xullo de 2011, foi un filósofo, escritor e profesor mexicano oriúndo de España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de estudar Filosofía na Universidade de Madrid, emigrou a México en 1939 xunto a outros miles de intelectuais, científicos e artistas, despois da caída da Segunda República Española, durante a Guerra Civil. Obtivo un doutoramento en Filosofía pola Universidade Nacional Autónoma de México, onde impartiu clases como profesor emérito. Foi presidente da Asociación Filosófica de México e membro do Consejo Consultivo de Ciencias de la Presidencia de la República.

Adoptou unha versión aberta, renovadora, crítica e non dogmática do marxismo. Con respecto á ética, opúxose ao normativismo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El pulso ardiendo (1942).
  • Las Ideas Estéticas de Marx (1965).
  • La Filosofía de la Praxis (1967).
  • Rousseau en México (la filosofía de Rousseau y la ideología de la independencia) (1969).
  • Ética (1969).
  • Estética y marxismo (1970).
  • Antología. Textos of Estética y Teoría del Arte (1972).
  • Del Socialismo Científico al Socialismo Utópico (1975).
  • Invitación a la estética (1992).
  • Filosofía y circunstancias (1997).
  • Recuerdos y reflexiones del exilio (1997).
  • A tiempo y destiempo (2003).
  • Ética y política (2007).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Muere el intelectual español Adolfo Sánchez Vázquez a los 95 años en México», artigo no xornal Público do 8 de xullo de 2011. Consultado o 2 de setembro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]