Adolfo Gacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Adolfo Gacio Vázquez»)
Infotaula de personaAdolfo Gacio
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Boqueixón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Adolfo Gacio Vázquez, nado en Boqueixón o 5 de xullo de 1954, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Boqueixón dende 1991 ata 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adolfo Gacio Vázquez é fillo de Manuel Gacio, profesor en Lestedo e de Ana Vázquez, ambos falecidos.

Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é diplomado en Xeografía e Historia, e Pedagoxía. Foi Profesor de Educación Secundaria en excedencia dende 1989 ata o 2014, ano no que volveu á docencia. Foi concelleiro e tenente de alcalde do concello de Boqueixón entre 1983 e 1991, baixo o mandato de Secundino Torres Vázquez, primeiro por unha candidatura independente e logo pola CPG. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta, continuando no cargo nas sucesivas eleccións durante os 21 anos seguintes, sempre con maioría absoluta. Nas últimas eleccións ás que se presentou[1] acadou 9 concelleiros de 11 posibles. Traballou na Consellería de Agricultura, foi asesor da Consellería de Sanidade, vicepresidente executivo da FEGAMP sendo a principal organización na que traballaba a chamada xoves Agricultores. Tamén foi o Portavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña[2] (2007-2011) na Coruña onde viviu durante 14 anos. Nese período combinou o traballo na Alcaldía co traballo na Deputación.[3]

Foi durante moitos anos a man dereita de José Manuel Romay Beccaría e o principal instrutor de Ovidio Rodeiro Tato[4], o seu sucesor na alcaldía de Boqueixón. Durante un período na etapa de alcalde a oposición estivo liderada por Juan Viaño Rey (PSdeG), actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela.[5]

En agosto de 2012 Gacio sinalou que deixaría a alcaldía tras 21 anos de alcalde e que ocuparía un posto diplomático[6][7], que sería unha secretaría na Embaixada de España en Venezuela. En setembro de 2012 foi detido, acusado de tráfico de influencias no marco da Operación Pokémon[8]. Quedou en liberdade baixo fianza de 10 000 € pero viuse obrigado a dimitir como alcalde o 24 de setembro[9]. Volvendo nese momento á praza de docente[10]. Trala dimisión de Gacio, os alcaldes de Boqueixón polo Partido Popular duraron moi pouco no cargo por diferentes circunstancias.[11]

A súa presenza na deputación e na alcaldía fixo que acadase unha grande influencia no Partido Popular da Provincia da Coruña que finalmente se viu truncada coa súa imputación. Isto denótase en que Gacio foi un dos nomes que soaron con máis forza para substituír no 2008 a Juan Juncal como Presidente do PPdG da Coruña[12] (cargo que acadaría finalmente Carlos Negreira); e para ser en 2011 o Presidente da Deputación da Coruña (cargo que ocuparía Diego Calvo).[13]

Labor político[editar | editar a fonte]

No seu labor político cabe destacar a exaltación do Pico Sacro[14][15] como un dos sendeiros do Camiño de Santiago que vai pola Vía da Prata[16]. Tratou tamén de recompilar toda a historia deste pico[17][18], dende o que reinou a Raíña Lupa, tal e como conta a lenda. De feito os lemas das campañas electorais sempre foron encamiñados a resaltar a beleza de Boqueixón como "Boqueixón A Paisaxe" e "Orgullosos de Boqueixón"

Segundo Gacio un dos logros máis importantes que acadou foi o de conseguir levar o abastecemento de auga a case todas as vivendas do concello, recoñecendo coas súas propias palabras no ano 2011 que estaba case no 99%, sendo 145 quilómetros de tubaxe.[19][20] Este logro viuse reflectido co feito de que o concello de Boqueixón abastece de auga potable ao Aeroporto da Lavacolla (pertencente a Santiago), levando ao cabo un acordo co concello de Santiago que supuxo un beneficio económico.[21]

Durante o seu mandato fomentouse[22] en gran medida a festa da filloa de Lestedo[23], que se declarou Festa de Interese Turístico de Galicia[24]. Gacio tamén tratou de manter viva a Feira de Lestedo que se celebra cada dous domingos na localidade de Boqueixón.[25]

Ademais en materia de xuventude deuse prioridade aos programas de intercambio xuvenil[26], cos cales os rapaces de Boqueixón gozaron da oportunidade de viaxar ao estranxeiro e coñecer outras culturas.[27]

Cabe subliñar tamén o seu compromiso pola igualdade social, destacando o programa de prevención da violencia de xénero, que se promoveu dende o concello.[28]

Gacio gozou da simpatía dos emigrantes boqueixonenses en Buenos Aires[29] e Montevideo, organizando diversos actos en ditas cidades.[30]

Por outra parte Gacio mostrouse partidario da unión de concellos[31][32] co obxectivo de reducir gastos nas administracións tendo en conta que entón en Galicia había 313 concellos.[33] Con esta idea na mente promoveu o "Consorcio de Servizos Locais Val do Ulla" integrado polos municipios de Vedra, Touro e Boqueixón.[34]


Predecesor:
Secundino Torres Vázquez
 
Alcalde de Boqueixón
 
1991 - 2012
Sucesor:
Jesús Sanjuás

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados das Eleccións do 2011 en Boqueixón". 
  2. "García-Borregón y Bernardino Rama irán a la Diputación y Gacio será el portavoz del PP". La Voz de Galicia. Consultado o 2017-07-21. 
  3. Gallego, Grupo El Correo. "Gacio renuncia a la dedicación exclusiva al frente de Boqueixón". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  4. Gallego, Grupo El Correo. "Gacio designará a Rodeiro vicealcalde". Arquivado dende o orixinal o 02-01-2017. Consultado o 1-1-2017. 
  5. "Juan Viaño, edil en funciones del Partido Socialista, recibirá la medalla de oro de Boqueixón". La Voz de Galicia. Consultado o 21-7-2017. 
  6. Adolfo Gacio espera cargo diplomático en Venezuela para dimitir Arquivado 22 de setembro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 19/9/12.
  7. "«Aquí nadie se ha hecho rico», asegura el nuevo regidor, Jesús Sanjuás". La Voz de Galicia. 2012-09-26. Consultado o 2017-01-01. 
  8. Detidos os alcaldes de Ourense e Boqueixón por suposto tráfico de influencias, artigo en Praza Pública, 20 de setembro de 2012.
  9. Dimite Adolfo Gacio, alcalde de Boqueixón, La Voz de Galicia, 24/9/2012.
  10. Gallego, Grupo El Correo. "Adolfo Gacio renuncia a la dedicación parcial y vuelve a su plaza de profesor". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  11. "Boqueixón: cuatro alcaldes en cuatro años". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-18. Consultado o 2017-01-01. 
  12. Gallego, Grupo El Correo. "Juncal sitúa a Negreira como". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  13. Gallego, Grupo El Correo. "Alcaldes de A Coruña dan por hecho que Diego Calvo presidirá la Diputación y lo ven una opción". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  14. "«El Pico Sacro se encuentra olvidado de la mano de Dios»". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 02/01/2017. Consultado o 2016-12-31. 
  15. Gallego, Grupo El Correo. "Boqueixón abre un centro museístico que expone la mitología del Pico Sacro". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  16. (HTTP://WWW.CONSUMER.ES/), EROSKI CONSUMER. "La Vía de la Plata | Guía del Camino de Santiago | EROSKI CONSUMER". Eroski Consumer. Consultado o 2016-12-31. 
  17. "Historia do Pico Sacro e lendas populares" (PDF). 
  18. culturagalega.org (2010-02-25). "Este monte é unha mina. O Pico Sacro concentra peculiaridades xeolóxicas e unha rica tradición oral". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2016-12-31. 
  19. "«De 105 lugares só quedan catorce sen saneamento»". La Voz de Galicia. Consultado o 2017-01-01. 
  20. "Gacio: "Conseguimos llevar agua a casi todas las viviendas"". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. 
  21. Gallego, Grupo El Correo. "Boqueixón va a abastecer de agua potable a la nueva terminal de Lavacolla". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  22. Gallego, Grupo El Correo. "Lestedo espera miles de visitantes mañana en su Festa da Filloa". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  23. Santiago, Turismo de. "Fiesta de la Filloa de Lestedo | Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela y sus Alrededores". www.santiagoturismo.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  24. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2016-01-21). "GALICIA - GALICIAN FESTIVALS OF TOURIST INTEREST FESTA DA FILLOA DE LESTEDO IN BOQUEIXÓN A CORUÑA". Turgalicia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  25. Gallego, Grupo El Correo. "Lestedo contará con más espacio para su mercado". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  26. Gallego, Grupo El Correo. "Jóvenes boqueixaneses viajan a Suecia". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  27. Gallego, Grupo El Correo. "Seguiremos con los programas de intercambio juvenil". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  28. "Boqueixón presenta su programa «Tod@s podemos» para combatir los casos de violencia de género". La Voz de Galicia. Consultado o 2017-01-01. 
  29. OpenHost,SL. "Alcaldes y dirigentes del PP apoyan los actos del partido en Argentina". Crónicas de la Emigración. Consultado o 2016-12-31. 
  30. Emigración, Secretaría Xeral da. "Sociedad Parroquial de Vedra en Buenos Aires » Escuela de folclore". socparroquialvedra.galiciaaberta.com. Consultado o 2016-12-31. 
  31. Gallego, Grupo El Correo. "Acelerador de fusiones". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  32. "Boqueixón y Santiago reconocen negociaciones para fusionarse". La Voz de Galicia. Consultado o 2017-01-01. 
  33. Gallego, Grupo El Correo. "Boqueixón navega entre las aguas del Consorcio y la fusión". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2016-12-31. 
  34. Gallego, Grupo El Correo. "Nace Val do Ulla, el segundo consorcio de servicios locales". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 2017-01-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]