Adolfo Domínguez Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolfo Domínguez Otero
Nacemento1 de maio de 1946
Lugar de nacementoTeis
Falecemento2 de setembro de 2012
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Adolfo Domínguez Otero, nado en Teis (Vigo) o 1 de maio de 1946 [1] e finado en Vigo o 2 de setembro de 2012[2] foi un cantante galego, máis coñecido como Fito Domínguez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fito e os outros membros da Roda, no escenario en 2007.

Adolfo Domínguez comezou a traballar con catorce anos, pasando por varias profesións ata recalar na de soldador. Foi mentres exercía este traballo que xurdiu a formación musical que o faría famoso, A Roda. Este grupo caracterizouse desde o principio por recoller as composicións populares que se cantaban nas tabernas, acadando gran repercusión. Moitos dos temas que o grupo interpretou pasaron a ser clásicos do cancioneiro popular.

Logo da saída do grupo doutro dos seus compoñentes, Luís Vaamonde, Adolfo Domínguez asumiu a dirección do grupo, mantendo esa posición ata o momento do seu falecemento.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]