Administración de xustiza galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Administración de xustiza galega é o conxunto de organismos de xustiza localizados en Galicia, dependente da administración de xustiza estatal. Está estruturada en 5 tribunais e 227 xulgados, onde traballan 321 xuíces e maxistrados. A ratio é, pois, de once xuices profesionais por cada cen mil habitantes.

Este ámbito comprende, ademais, 4 fiscalías provinciais, integradas por 124 membros do Ministerio Fiscal.

Apoian a actividade xurisdicional dos xuíces e das fiscalías, as unidades da oficina xudicial (180 secretarios xudiciais e 2.256 funcionarios[Cómpre referencia]), o Instituto de Medicina Legal (53 médicos forenses), así como persoal laboral facultativo ou técnico (psicólogos, lingüistas, traballadores sociais, educadores sociais, peritos, tradutores, auxiliares de autopsias) e persoal de servizos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia culmina a estrutura desta organización, no segundo nivel sitúanse as audiencias provinciais e na base os xulgados.

[editar] Xulgados galegos

A planta xudicial galega (234[1]) está distribuída do seguinte xeito:

[editar] Xulgados de paz

Os xulgados de paz galegos son 270, constituídos nas capitais dos concellos que non son cabeceira de partido xudicial.

[editar] Notas

  1. Véxanse en anexos da Lei 38/1988 de Demarcación e Planta Xudicial, actualizados anualmente polos Reais decretos de creación de unidades xudiciais
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas