Adina, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adina
Igrexa parroquial
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333
Área10,5 km²
Poboación4.783 hab. (2016)
Densidade455,52 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]
Adina no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 4.783 habitantes (2.404 mulleres e 2.379 homes), o que supón un lixeiro incremento respecto ó ano 2009, cando tiña 4.662 habitantes, e 2008, cando eran 4.667.

Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur coa ría de Pontevedra, ó leste coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra) e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.

Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Adina conserva restos románicos de finais do século XII, xunto con elementos góticos e outros do século XVI.

No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Adina[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

FILGUEIRA VALVERDE, Xosé; RAMÓN E FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: Baldaquinos gallegos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1987.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]