Adif

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo.

O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, máis coñecido como Adif, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

Xerencia norte.

Adif herdou a infraestrutura da extinta RENFE, polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de vía ancha de España. Actualmente ten 13.354 quilómetros de vías. Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Coche de Adif.

O actual e único presidente ata o momento de Adif é Antonio González Marín.

Fundación[editar | editar a fonte]

Adif é froito da Lei do Sector Ferroviario, que xorde da trasposición de Directivas europeas, e que obriga a que as grandes ferroviarias nacionais europeas xestionen de forma independente a infraestrutura e os trens que circulan por ela. O obxectivo final é permitir a calquera outra operador ferroviaria circular pola rede en condicións de igualdade cos trens de Renfe Operadora, promovendo a libre competencia.

A división de RENFE fíxose efectiva o 1 de xaneiro de 2005 entre dúas empresas:

  • Renfe Operadora: Propietaria dos trens e encargada da súa circulación, que traballa en competencia con outras compañías ferroviarias.
  • Adif: Propietaria da infraestrutura e encargada da súa xestión, que proporciona os seus servizos a calquera operador ferroviario que os solicite.

A división tivo algunhas particularidades:

  • A venda de billetes en estacións é competencia de Adif, en contra do que ocorre noutros administradores de infraestruturas (AENA, estacións de autobús...), nos que cada compañía vende os seus propios billetes.
  • As estacións exclusivamente de proximidades son propiedade de Adif pero son xestionadas por Renfe Operadora. Isto é posible debido a que as redes de proximidades non son obxectivo da libre competencia.

O 31 de decembro de 2012 realizouse unha operación similar coa compañía que xestionaba os ferrocarrís de vía estreita, FEVE, facéndose cargo Adif de toda a infraestrutura de vía estreita non transferida a comunidades autónomas.[1]

Xerencias operativas[editar | editar a fonte]

Adif controla o tráfico ferroviario en España a través de seis xerencias operativas, encadradas na Dirección Ejecutiva de Circulación e localizadas en:

Actividades e funcións[editar | editar a fonte]

As principais actividades de Adif son tres:

  • Construción por encomenda do Ministerio de Fomento español de novas liñas ferroviarias, entre elas as novas liñas de Alta Velocidade.
  • Mantemento das infraestruturas necesarias para a operación ferroviaria.
  • Atribución de capacidades da liña da rede e xestión da circulación en réxime de seguridade para a operación ferroviaria.

Rede ferroviaria[editar | editar a fonte]

Rede de ancho ibérico de Adif e principais instalacións de mercancías.

Todas as liñas que pertencían a RENFE na súa escisión pasaron a titularidade estatal, sendo administradas por Adif. Á rede orixinal únense as liñas que foron construídas desde a creación de Adif.

Esta rede componse de todas as liñas de vía ancha de España, fóra das liñas Barcelona-Vallès e Lleida-La Pobla de Segur, de carácter rexional e pertencentes a FGC. Tamén inclúe unha liña de vía estreita, a Liña C9 de Proximidades Madrid.[2]

Infraestruturas para mercancías[editar | editar a fonte]

Adif mantén unha ampla rede de infraestruturas e terminais para o tratamento de mercancías. As instalacións de mercancías divídense en dous grupos, 1 e 2, dependendo dos servizos que ofrezan.

Nas instalacións de mercancías, ademais dos labores típicos dunha estación ferroviaria, pódense realizar todo tipo de manobras, transbordo de mercancías, manipulación de colectores, almacenaxe, planificación, alugueiro de medios auxiliares, limpeza de material, aparcadoiro de vehículos, etc...

Ademais, os trens poden recibir varios servizos nas instalacións de Adif, como subministración de area e combustible.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adif

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]