Adhemar Ferreira da Silva
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Helsinki 1952 | Triplo salto | |
| Ouro | Melbourne 1956 | Triplo salto | |
Adhemar Ferreira da Silva (29 de setembro de 1927 - 12 de xaneiro de 2001) foi un atleta brasileiro especializado en triplo salto. Gañou dúas medallas de ouro, unha nos Xogos Olímpicos de Helsinki 1952 e outra nos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, e conseguiu catro plusmarcas mundiais, a última en 1955 con 16,56 metros.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu en São Paulo, no seo dunha familia pobre, e comezou a practicar o triplo salto en 1947. Baixo as ordes do adestrador alemán Dietrich Gerner pronto demostrou o seu talento, conseguindo a marca nacional e unha praza no equipo brasileiro de atletismo para os Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, onde conseguiría a décimo cuarta praza. Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de Helsinki de 1952 logrou a súa primeira medalla de ouro grazas aos 16,22 metros saltados, revalidou a medalla de ouro nos xogos de Melbourne de 1956 cun salto de 16,35 metros.
En 1959 actuou na película Orfeu Negro, do director francés Marcel Camus, a cal logrou o Oscar á mellor película de fala non inglesa ese mesmo ano.
Plusmarcas do mundo [editar]
- 16.01 metros (30 de setembro de 1951, Río de Xaneiro)
- 16.12 metros (23 de xullo de 1952, JJ.OO de Helsinki)
- 16.22 metros (23 de xullo de 1952, JJ.OO de Helsinki)
- 16.56 metros (16 de marzo de 1955, Xogos Panamericanos de 1955 en Cidade de México)