Adeodato II, papa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papas do século VII |
|
|---|---|
|
|
| Antipapas |
|
|
|
|
|
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adeodato.
Adeodato II, nado en Roma e finado o 17 de xuño de 676, foi o Papa nº 77 da Igrexa Católica de 672 a 676.
Traxectoria [editar]
Monxe do mosterio beneditino de San Erasmo de Roma, Adeodato II foi o primeiro papa que usou nos seus documentos oficiais a fórmula Salutem et apostolicam benedictionem.
Coñécense moi poucos datos sobre o seu pontificado. Continuou o achegamento político e doutrinal co emperador bizantino Constantino IV, traballou activamente na disciplina monástica e persistiu, como os seus predecesores, na loita contra a herexía monotelista, doutrina que afirmaba que en Xesucristo existen dúas naturezas pero unha soa vontade.
