Adela de Pfalzel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santa Adela, relixiosa merovinxia, naceu a fins do século VII e morreu entre o 735 e o 740.

TRaxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Dagoberto II de Austrasia, cando morreu o seu home, Alberico, entrou na vida monástica, fundou o mosteiro de Pfalzel, preto de Tréveris, actual Alemaña.
Foi a avoa de Gregorio de Utrecht, un dos evanxelizadores de Alemaña, e a Igrexa Católica celebra a súa festa o 24 de decembro.